Servizo de servidores privados virtuais (VPS) nunha nube privada. O persoal investigador pode crear máquinas virtuais con distintas necesidades de hardware para crear entornos de probas persistentes ou despregar aplicacións.
O servizo está accesible por https://vps.citius.gal/
As imaxes tipo cloud normalmente teñen preconfigurado o teclado americano. Para configurar temporalmente o teclado español, pon o seguinte comando:
sudo loadkeys es
Para facer este cambio persistente en vez de executar este comando cada vez, lanza o asistente de configuración de teclado.
sudo dpkg-reconfigure keyboard-configuration
Para que se poida ver o espazo utilizado e dispoñible no disco, é preciso instalar o paquete qemu-guest-agent. Por exemplo, en Ubuntu:
sudo apt install qemu-guest-agent
Tras facelo, se a máquina foi creada antes do 12/12/2025, é preciso que a apagues e a volvas a acender, e agardes uns minutos para que apareza o espazo dispoñible por vez primeira. Non funcionará se só reinicias.