Instalación, mantemento e soporte técnico dun sistema operativo Ubuntu 12.04 modificado polo CITIUS.
Pode solicitarse a instalación do sistema en calquera equipo conectado á rede de datos do centro a través do formulario de incidencias.
Inclúe un fondo de escritorio e un tema visual para a pantalla de arranque.
O software instalado actualízase automaticamente de forma silenciosa ó arrancar o equipo, como máximo unha vez á semana. En calquera momento podes forzar unha actualización do sistema co comando aptdcon --safe-upgrade
.
Pódese instalar software adicional sen intervención dun administrador a través do Centro de Software de Ubuntu ou da ferramenta de liña de comandos aptdcon
. Máis abaixo atoparás unha guía rápida de aptdcon
.
O software descárgase e instálase dun repositorio situado no CITIUS, no que se fai un filtrado de tipo lista branca. Isto quere dicir que non todo o software que aparece no Centro de Software de Ubuntu está dispoñible para instalar de forma directa. O software que non teña un botón de Instalar aínda non foi aprobado, e debe solicitarse a súa aprobación a través do formulario de incidencias.
Algún software especial non integrado co sistema de paquetes de Ubuntu pódese instalar igualmente sen intervención dun administrador. Polo de agora o único software dispoñible por esta vía é:
Para instalalos, busca o instalador en Unity.
O software non dispoñible por ningunha destas vías debe solicitarse a través do formulario de incidencias.
O login no sistema faise coa conta do CITIUS.
Os datos da sesión almacénanse no espazo persoal do almacenamento compartido mediante NFS montado en /home/remoto
. Este almacenamento tamén está accesible a través de SSH e SMB/CIFS. Os usuarios tamén contan cun directorio local en /home/local
onde almacenar máis datos, pero sen copias de seguridade. Os directorios de proxectos tamén se montan automaticamente en /home/proyectos
.
Podes solicitar axuda ou soporte a través do formulario de incidencias ou, de forma excepcional para casos urxentes, no teléfono 16409.
Este programa permite instalar paquetes dispoñibles no repositorio. Antes de comezar, actualiza o listado de paquetes dispoñibles co seguinte comando:
aptdcon -c
Precisas saber o nome do paquete que queres instalar. Podes buscalo coa ferramenta apt-cache
se non estás seguro. Por exemplo, se queres buscar dropbox, debes executar:
apt-cache search dropbox
Vemos que o nome do paquete é dropbox
. Para instalalo pois, só resta executar:
aptdcon -i dropbox
Se ves este mensaxe de erro:
ERROR: org.debian.apt.TransactionFailed - error-cache-broken: Os seguintes paquetes teñen dependencias incumpridas:
Proba a facer:
aptdcon --fix-depends
e logo volve a intentalo.
O home remoto non se almacena directamente no espazo persoal do almacenamento compartido, senón que se almacena en local, e un script encárgase de realizar a sincronización co almacenamento compartido.
Todo o home remoto almacénase no subdirectorio linux-home
do almacenamento compartido. Tamén se crea un arquivo chamado .linux-home_synchistory
para informar dende que equipos se fixo sincronización e cando.
A sincronización realízase de forma bloqueante ó iniciar e pechar sesión gráfica, e tamén de fondo e con baixa prioridade durante a sesión, cada 30 minutos. O estado desta sincronización pode consultarse co icono indicador do panel superior. Tamén se pode configurar o comportamento da sincronización de fondo.
Ao iniciar e pechar sesión por consola ou SSH, tamén se pode facer a sincronización, pero neste caso non se fai de fondo, e debe lanzarse manualmente co comando sincronizar-home-remoto.sh
.
Se nunca sincronizaches o home remoto nun equipo, tanto se entras nunha sesión gráfica coma por SSH ou consola, o sistema preguntará se queres sincronizar o home, ou queres montalo directamente facendo un enlace. Esta pregunta repetirase sempre nese equipo, a non ser que elixas a opción de sincronizar. Se queres iniciar sesión noutro equipo momentaneamente, é máis rápida a opción de enlazar.
Despois de estar 6 meses sen iniciar sesión nun equipo, o home remoto bórrase dese equipo, e para volver a utilizalo deberás sincronizalo de novo dende o servidor.
O keyring de Gnome non se desbloquea se a sesión tarda máis de 2 minutos en abrirse, e terás que introducir o contrasinal de novo.
Podes instalar a extensión PDF Viewer que utiliza PDF.js, o mesmo visor que utiliza Firefox.
Avisa no teléfono 16409 (Jorge).
En «Preferencias de Sistema» elixe «Idioma da sesión». Abrirase un diálogo para elixir idioma. A selección terá efecto unha vez cerres e volvas a abrir a sesión.
Si, aínda que a maioría non está instalado por defecto, os usuarios poden optar por instalar dende o Centro de Software Ubuntu programas solicitados anteriormente coma skype, mendeleydesktop ou spotify.
Si, os sistemas contan con Virtualbox 4.2. Unha vez despregado o sistema, podes instalar sistemas virtualizados, ou solicitarnos a instalación dunha máquina con Windows XP de 32 bits, sempre que o equipo conte cunha licenza de Windows.
Si. Tamén está dispoñible a sesión «Gnome clásico», que é unha versión simplificada do contorno que podíades atopar en Ubuntu 10.04. Para utilizala, na pantalla de login preme no botón co logotipo de Ubuntu preto da casilla onde introduces o nome de usuario, e elixe a opción correspondente.
Tamén podes instalar máis contornos a través do Centro de Software de Ubuntu. Na data de escribir esto, están dispoñibles os seguintes contornos:
escritorio-kde-minimo
se só desexas un escritorio moi básico.escritorio-kde-basico
se ademáis queres aplicacións básicas de KDE.escritorio-kde-completo
se ademáis queres instalar todas as aplicacións de KDE dispoñibles (coidado, instala moitas aplicacións).lxde
i3-wm
, i3status
e suckless-tools
.Ubuntu intenta recuperar a configuración visual que tiña na versión anterior, pero con algunhas cousas como as decoracións de ventana, non fai moi bo traballo. Para volver ó tema por defecto, fai clic dereito no escritorio e escolle «Cambiar fondo de pantalla». Alí, na parte inferior, selecciona un tema visual calquera (por exemplo Radiance) e logo volve a seleccionar Ambiance.
Co comando apagar-equipo
pódese apagar o equipo de forma sinxela.
Podes programar o comando a unha hora determinada con cron
, ou graficamente con gnome-schedule
. Instala gnome-schedule
dende o Centro de Software de Ubuntu
e execútao. Crea unha nova entrada recurrente, pon a orde /usr/local/bin/apagar-equipo
, e elixe a hora desexada. É importante que establezas a orde coa ruta completa.
O comando só funciona se:
Este é un fallo coñecido de Ubuntu. Para correxilo, debes instalar un plugin de Netbeans. Vai a Tools » Plugins. Alí, na lapela Settings preme en Add, e engade o seguinte:
Unha vez fagas isto, na lapela «Available Plugins» instala o plugin «Java Ayatana».
En algunhas ocasións, debido a que é un paquete un pouco especial, é posible que unha actualización silenciosa de Flash falle. Para tentar solucionalo, podes executar este comando nunha terminal:
aptdcon -u flashplugin-installer
Se o problema persiste, envía unha incidencia.
No dash de Unity, busca a aplicación Menú principal
. Alí verás todos os accesos directos do sistema e os do teu usuario, por categorías.
Para crear un novo lanzador, selecciona a categoría desexada e preme en Novo elemento
. Unha vez engadido, debería aparecer no dash de Unity. Arrastra entón o lanzador desde Unity ó panel ou ó escritorio se o queres poñer nalgún deses sitios.
Algúns controladores de vídeo (NVIDIA, AMD) non soportan correctamente a extensión XDAMAGE
precisa para actualizar a pantalla selectivamente e así mellorar a velocidade da conexión remota, non só non mellorando a velocidade senón empeorándoa considerablemente. Para solucionar isto, podes desactivar o uso da extensión XDAMAGE
, ou ben facer uso dun escritorio sen efectos, coma Gnome Clásico (sin efectos)
.
Para desactivar a extensión XDAMAGE
abre o dconf-editor
no dash de Unity, e marca a casilla de configuración desktop
» gnome
» remote-desktop
» disable-xdamage
.
As novas barras de desprazamento chámanse Overlay Scrollbars, e para cambialas polas tradicionais basta con eliminar o paquete overlay-scrollbar
. Se máis adiante queres volver a usalas, podes volver a instalar o paquete overlay-scrollbars
.
En lugar de instalar o paquete rjava
dende R, instala o paquete r-cran-rjava
con aptdcon
.
Algúns documentos, tras ser procesados polo lector de documentos evince
, non se imprimen correctamente ou deixan a impresora atascada. Unha alternativa é empregar o comando lp
, que envía os documentos á impresora sen procesar. Por defecto, lp
envía o documento á impresora do teu andar e non imprime a doble cara.
lp -o sides=two-sided-long-edge archivo.pdf # imprime a doble cara lp -P 12,15,17-20 archivo.pdf # imprime só páxinas 12,15 e 17 a 20 lp -o number-up=4 -o fit-to-page -o number-up-layout=rltb archivo.pdf # imprime 4 páxinas por folla, de arriba a abaixo e de esquerda a dereita, escalando para ocupar o máximo posible lp -d ctprints1 archivo.pdf # Imprime na impresora do semisoto lpstat -a # ver a lista de impresoras dispoñibles
As opcións poden combinarse. Por exemplo, para imprimir a doble cara na impresora a color de secretaría, só as páxinas 7 e 8 dun documento:
lp -d ctprint03 -P 7,8 -o sides=two-sided-long-edge archivo.pdf
O LaTeX empaquetado para Ubuntu 12.04 non conta coa ferramenta ltmgr
que se utiliza para instalar paquetes pero pode facerse manualmente. Por exemplo, para instalar pgfgantt:
mkdir -p ~/texmf/tex/latex cd texmf/tex/latex/ wget http://mirrors.ctan.org/graphics/pgf/contrib/pgfgantt.zip unzip pgfgantt.zip rm pgfgantt.zip cd pgfgantt/ latex pgfgantt.ins latex pgfgantt.dtx mktexlsr
Despois disto, xa podes utilizar o paquete pgfgantt con normalidade. Se prefires utilizar ltmgr
debes actualizar a Ubuntu 14.04.