Mensaxería instantánea mediante un protocolo de mensaxería libre (XMMP/Jabber). Esta mensaxería pode utilizarse dende dispositivos móbiles ou dende múltiples clientes de escritorio, coma Pidgin ou Empathy, tanto dende fóra coma dende dentro da rede do centro. Tamén pode usarse cun cliente web.
A alta no servizo é automática, non precisas facer nada. O nome de usuario e contrasinal son os da identificación CiTIUS. Se tes problemas recordando o usuario ou o contrasinal, podes solicitar unha reactivación en citius.tic@usc.es.
Se xa estás a utilizar Pidgin para outras contas, deberás seguir as instrucións aquí descritas. En caso contrario, a primeira vez que o abras xa se abrirá automaticamente un diálogo para engadir contas e non serán necesarios os dous primeiros pasos.
citius.usc.es
. Se recibes o erro No autorizado débese a que non introduciches ben o contrasinal ou o nome de usuario. Pulsa en Modificar cuenta, volve introducir o contrasinal correctamente e pulsa en Guardar. Entón volve habilitar a conta accedendo a Cuentas » Habilitar Cuenta » <Nombre de la cuenta>.
Se é a primeira vez que accedes a Empathy, abrirase un asistente para introducir unha conta nova. Neste diálogo:
@citius.usc.es
porque non hai unha opción para cubrir o dominio.Se non é a primeira vez que accedes a Empathy, debes facer o seguinte:
@citius.usc.es
ó nome de usuario. Se pregunta, debe seleccionarse a opción Esta cuenta ya existe en el servidor.Se recibes o erro Falló la autenticación, débese a que non introduciches ben o contrasinal ou o nome de usuario. Preme no botón de Editar, corrixe os datos e preme en Aplicar.
Xabber é un cliente de mensaxería libre para Android. A primeira vez que o arrinques convidará a engadir unha conta. Só tes que introducir o usuario e o contrasinal, e premer en Añadir cuenta.
Se non é a primeira vez que accedes a Xabber, tes que acceder a Opciones premendo no botón menú (Android 2.x) ou na barra de accións (Android 3 e superiores), seleccionar a opción Cuentas XMPP e premer en Añadir cuenta.
Estes son os datos que precisas para acceder á mensaxería dende outros clientes:
citius.usc.es
5222
Non
A certificación SSL está expedida por TERENA. Debes engadir a certificación raíz de TERENA, a autoridade certificadora, ao teu cliente de mensaxería, para non recibir advertencias sobre a invalidez da certificación.
Este procedemento cambia segundo o cliente de mensaxería, e non é obrigatorio, polo que podes sinxelamente ignorar o aviso sobre a certificación e confiar nela.
Para maior seguridade, podes comprobar manualmente que o fingerprint da certificación coincide co da web do CITIUS. Firefox si dispón do certificación raíz axeitada, polo que reportará a certificación como válida. - Accede a Cuentas » Gestionar cuentas.
Se queres que o resto dos contactos vexan o teu nome en lugar da dirección de Jabber (JID), ou establecer unha fotografía (avatar) tes que seguir os seguintes pasos:
Para establecer o nome e outros detalles opcionais:
Para establecer un avatar:
O cliente web está accesible en http://talk.citius.usc.es/ e non require ningún porto adicional aberto, polo que permite utilizar a mensaxería en redes wifi con conectividade limitada como pode ser wifiusc-web
.
A transferencia de arquivos pode facerse de dous xeitos: out of band, é dicir, cunha conexión dedicada, ou in band, usando o propio servidor de mensaxería encapsulando anacos dos arquivos en mensaxes. Os propios clientes negocian o mellor método que poden empregar en función das súas capacidades e as da rede.
O medio de transferencia out of band é moito máis eficiente e rápido. Nas probas que se fixeron dentro da rede, alcánzanse unhas velocidades superiores a 5MB/s mentres que o medio de transferencia in band apenas chega a 40kB/s.
Os clientes tras dun firewall precisan utilizar un proxy de transferencia de arquivos para poder empregar a transferencia out of band. Dentro da rede do centro e empregando a VPN podedes facer uso do proxy de transferencia proxy.citius.usc.es
(ten en conta que isto é un JID e non un nome de dominio).
Para configurar o proxy de transferencia de arquivos en Pidgin, podes seguir estas instrucións:
proxy.citius.usc.es
ou citius.usc.es
no campo Proxies de transferencia de archivos.