O acceso dos usuarios ao clúster realízase a través dunha máquina virtual independente denominada frontend, cunhas prestacións limitadas e unicamente preparado para xestionar ficheiros e enviar traballos ao sistema de colas do clúster. Non está permitida a execución de código nesta máquina.
O acceso realízase mediante ssh co usuario do CiTIUS. Para poder acceder precisas ter o servizo activado previamente. Comproba que o teñas activado en https://citius.usc.es/me.
ssh -p 1301 usuario_citius@ctcomp2.inv.usc.es # 172.16.242.122
Pódese engadir tamén o argumento -X
para activar a redireción das X e poder executar aplicacións que requiran modo gráfico.
Os sistemas de ficheiros do clúster son independentes, así que é preciso copiar todos os ficheiros precisos para a execución do programa (por exemplo, o código fonte ou os ficheiros de entrada).
Non se realizan copias de seguridade destes directorios, polo que deben pórse a recado os arquivos importantes e non deixalos almacenados no clúster por un período prolongado.
O usuario dispón dos seguintes directorios para situar os ficheiros relacionados cos seus traballos:
/home/local/nome.apelido/
$HOME
efectivo do usuario e é accesible por todos os nodos e o frontend
. Por defecto, será o directorio de referencia nas execucións dos códigos nos nodos computacionais. /sfs/nome.apelido/
frontend
. Debe empregarse coma espazo auxiliar durante a execución de traballos, para o almacenamento de ficheiros temporais grandes. Para poder utilizarse debe solicitarse a creación dun directorio aos administradores./scratch/
Para copiar arquivos entre o clúster e o equipo do usuario, pódese utilizar o comando scp
.
scp -P 1301 [-r] <origen> <destino>
Os argumentos deste comando son:
-r
(opcional) É un argumento que se emprega cando orixe
é un directorio, e indica que se debe copiar de maneira recorrente o contido do directorio. Se non se especifica este argumento, só se pode copiar arquivo a arquivo.<orixe>
Indica a ruta completa do ficheiro/directorio que se copiará.<destino>
Indica a ruta completa onde queremos situar a copia do ficheiro/directorio.Exemplos:
cluster$ scp -P 1301 nome.apelido@ctXXX.inv.usc.es:/datos/work/un.fichero ~/work/ cluster$ scp -P 1301 -r nome.apelido@ctXXX.inv.usc.es:/datos/work/directorio/ ~/work/
equipo$ scp -P 1301 /datos/work/un.fichero nome.apelido@ctcomp2.inv.usc.es:~/work/ equipo$ scp -P 1301 -r /datos/work/directorio/ nome.apelido@ctcomp2.inv.usc.es:~/work/
Alternativamente, dende o equipo do usuario, pódense empregar outros clientes de SFTP como Winscp o Filezilla.