Cluster de experimentación e investigación en Big Data. O obxectivo do cluster é proporcionar unha plataforma hardware axeitada para a tipoloxía de traballos asociada co Big Data cunha configuración que poida mudar flexiblemente, facendo posible investigar e experimentar con ela.
A alta debe solicitarse mediante o formulario de peticións e incidencias. Para acceder ó formulario precisas usuario e contrasinal do CITIUS.
Unha vez otorgada a alta o acceso faise a través do nodo master que actúa como frontend de todo o cluster:
ssh <usuario citius>@master-bd1.inv.usc.es
Para poder acceder á interface de xestión de Ambari, é preciso redirixir o porto 8080 do nodo1
usando SSH. En caso de querer usar a interface de xestión, debe empregarse este comando:
ssh -L 8080:nodo1:8080 <usuario citius>@master-bd1.inv.usc.es
Para xestionar o cluster dende a interface de Apache Ambari, unha vez conectado por SSH coa opción -L 8080:nodo1:8080
, conectarse a http://localhost:8080/
O usuario e contrasinal son admin/admin
.
Dende a consola de Ambari pode xestionarse o seguinte software:
Ademáis na seguinte táboa se indican outros proxectos xestionados por usuarios no cluster:
Usuario | Software | Nodos | Notas |
---|---|---|---|
David Luaces Cachaza | MongoDB Sharding | Todos | Hasta 12/19 |
Cesar Piñeiro Pomar | GlusterFS | Todos | |
Rodrigo Martinez Castaño | Docker | 3 y 4 |
16 Servidores Dell EMC PowerEdge R730, cada un coa seguinte configuración: