Táboa de Contidos

Aloxamento web

Este servicio ha alcanzado el fin de vida útil. A partir del 1 de septiembre de 2021 no será posible crear nuevas páginas. En su lugar, se puede utilizar el servicio de alojamiento con Gitlab Pages

Descrición do servizo

Aloxamento para páxinas web realizadas por investigadores, cubrindo as seguintes áreas:

O servidor preprocesa o contido empregando PHP 5.3, e ten un servizo de bases de datos MySQL 5.5.

Por defecto asígnanse 100MB de espazo, pero poden solicitarse máis.

PHP está configurado coas seguintes opcións:

disable_functions = exec,passthru,shell_exec,system,proc_open,popen,curl_exec,curl_multi_exec,parse_ini_file,show_source
open_basedir = $HOME/public_html
memory_limit = 196M
post_max_size = 10M
upload_max_filesize = 10M

Están instalados Git, Grunt, Gulp e Node 4.x para facilitar os despregamentos. Se precisas a instalación dalgún software adicional, podes solicitalo.

Alta no servizo

Debe solicitarse unha nova alta por cada espazo web, mediante o formulario de peticións e incidentes. Para acceder ó formulario precisas o teu usuario e contrasinal da identificación CiTIUS. Se tes problemas recordando o usuario ou o contrasinal, podes solicitar unha reactivación en citius.tic@usc.es.

No caso de que sexa unha alta para unha web de proxecto ou evento, especifica o nome que queres ter na URL. Tamén podes ter unha URL para páxina persoal distinta do teu nome de usuario, se prefires algo máis curto, coma nusuario en vez de nome.de.usuario por exemplo.

Especifica tamén se precisas máis espazo de 100MB, e se precisas bases de datos MySQL.

Recibirás os datos de conexión por correo electrónico. Se queres recuperalos, comproba primeiro se aínda conservas un correo co asunto «Alta no servizo “Aloxamento web”».

Axuda

Acceso mediante FTP, SFTP, SSH

Os datos de conexión para acceder mediante FTP, SFTP ou SSH e copiar arquivos son os seguintes:

Podes conectar de forma gráfica mediante programas adicados ou mediante Ubuntu, accedendo a Lugares » Conectar con el servidor e introducindo os datos correctos.

Bases de datos MySQL

Ten en conta que se non solicitaches bases de datos, debes solicitalas se requires utilizalas, xa que por defecto non se crean.

As bases de datos só están accesibles dende o mesmo servidor. Os datos de acceso son os seguintes:

Listado da páxina

A páxina principal dos tres dominios contén un listado das páxinas que se atopan dentro. Para que a tua páxina apareza listada, debe contar cun arquivo info.xml válido no directorio principal do teu espazo.

Na túa conta atoparás un arquivo info.xml.example que debes cubrir e renomear a info.xml. De todas formas, se perdes ou non atopas o arquivo, podes descargalo de aquí:

info.xml
<?xml version="1.0" encoding="UTF-8" ?>
<!-- INSTRUCCIÓNS: Establece correctamente os seguintes datos e renomea este arquivo a 
     info.xml para que a páxina apareza listada na páxina principal do dominio. -->
<web>
	<!-- Título, debe ser un nome curto de como moito 30 caracteres -->
	<titulo>Título</titulo>
        <!-- Subtítulo, pode ser un nome longo duns 80 caracteres -->
	<subtitulo>Subtitulo</subtitulo>
        <!-- Imaxe de fondo que aparecerá no boton da páxina. Debe ser de 502px x 210px.
             A imaxe sera modificada automaticamente para adaptarse ao estilo da páxina -->
	<foto>info.png</foto>
	<!-- Nome do directorio. DEBE ESTABLECERSE CORRECTAMENTE. Por exemplo, se a
             páxina está accesible por http://proxectos.citius.usc.es/servando, neste
             valor débese poñer "servando" sen comiñas. -->
	<dir>directorio</dir>
	<!-- Establecer a data de caducidade. Tras cumprirse esta data, a web
             seguirá aparecendo, pero nunha listaxe de páxinas arquivadas máis abaixo -->
	<caducidade>2020-01-01</caducidade>
</web>

Permiso de escritura do servidor web

O servidor execútase cun usuario que pertence ó mesmo grupo principal dos usuarios do aloxamento. Por defecto, o grupo non ten permiso de escritura, polo que se desexas que o servidor web poida escribir nalgunha localización, terás que darlle permiso de escritura ó grupo de forma manual. Wordpress fai unha detección incorrecta e non deixa actualizar nin instalar novos plugins, pero pódese amañar manualmente o problema.