Táboa de Contidos

Acendido remoto de equipos

Descrición do servizo

Acendido de equipos de forma remota mediante web.

Con este servizo, non é necesario que deixes prendido o teu equipo se pensas que podes necesitar facer uso del pola noite, no fin de semana ou durante unha estancia fóra.

Para que o sistema de acendido funcione o equipo debe ter o Wake on lan activado. Moitos dos equipos xestionados pola Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC xa o teñen habilitado, pero recomendamos probar se funciona a primeira vez. En caso de corte eléctrico, pode que o Wake on lan non funcione axeitadamente ata que o equipo se inicie manualmente unha vez.

Acceso ó servizo

O servizo está accesible mediante a URL https://apps.citius.usc.es/wakeonlan/.

Manual de usuario

Aparecerá o listado dos equipos que tes permitido apagar ou acender, xunto co seu estado actual. Os equipos que aparecerán serán o teu propio equipo (máximo un equipo por roseta), e os servidores que teñan apagado automático, poidan ser acendidos mediante este sistema e teñas acceso concedido.

Segundo o estado de cada equipo, podes acender ou apagar o equipo:

O apagado só está soportado nos sistemas co sistema Ubuntu do CiTIUS.

Preme no botón Logout para pechar sesión na aplicación.

Preguntas frecuentes

Tras premer no botón de acendido, aparece o indicador azul en movemento e despois volve ó indicador de apagado

Esto pode ser debido a varias causas:

Tras premer no botón de acendido, aparece o indicador azul en movemento, despois volve ó indicador de apagado durante uns segundos e despois aparece o indicador de acendido

O sistema non ten forma de comprobar se o equipo está acendendo de verdade, polo que tras enviar o sinal de acendido, agarda un minuto e medio antes de volver mostrar o estado real. Se pasado ese minuto e medio o equipo aínda non acendeu, pero remata máis tarde, é posible que o indicador volva ó estado de apagado durante uns segundos e, unha vez acendido, apareza finalmente o estado correcto.

Tras premer no botón de apagado, aparece o indicador azul en movemento e despois volve ó indicador de acendido

Isto pode ser debido a que o sistema quedou atascado nalgunha secuencia de apagado e requira intervención manual.

O botón de acendido/apagado aparece sombreado e non podo pulsar nel

Algúns equipos non se poden apagar ou acender, e estando acendidos ou apagados terán o botón deshabilitado, dependendo das accións que estean permitidas.

Non aparece o meu equipo na lista de equipos que podo acender/apagar

Avisa á Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC en citius.tic@usc.es. Os equipos asígnanse manualmente e é posible que haxa algún erro.