Táboa de Contidos

Salas de reunións e salón de actos

Listado de salas de reunións

Nome da sala Localización Aforo Teléfono
Sala de reunións de dirección Planta baixa 10 persoas 16407
Sala de reunións 1 Planta baixa 10 persoas 16408
Sala de reunións 2 Primeiro andar 10 persoas 16442
Sala de reunións 3 Segundo andar 10 persoas 16472
Salón de actos Planta baixa 72 persoas -

Reserva e acceso ás salas

A reserva das salas faise mediante a Aplicación de reservas. É obrigatorio facer a reserva dunha sala antes de utilizala.

As reservas da sala de reunións de dirección e do salón de actos deben ser aprobadas pola secretaría do centro. Márcanse de xeito especial na aplicación de reservas ata que son aprobadas.

O acceso realízase coa tarxeta da USC no caso das salas 1, 2 e 3. Só pode abrir estas salas o persoal do centro con contrato coa USC. A porta desbloquéase ó pasar a tarxeta e volve a bloquearse ó pasala unha segunda vez. É responsabilidade de cada investigador/a pechar o acceso a cada sala de reunións unha vez abandone a sala.

Uso do equipamento das salas

As instruccións de uso do equipamento das salas está en preparación.

Conexión de portátiles á rede de datos cableada

Podes conectar un portátil á rede de datos cableada usando a roseta situada na mesa central. Debes usar os seguintes datos de conexión, segundo a sala na que te atopes:

Nome da sala Dirección IP Máscara de rede Porta de enlace DNS
Sala de reunións de dirección 172.16.243.170 255.255.255.0 172.16.243.1 193.144.75.9, 193.144.75.12
Sala de reunións 1 172.16.243.172
Sala de reunións 2 172.16.243.174
Sala de reunións 3 172.16.243.176
Salón de actos (mesa) 172.16.243.179, 172.16.243.181
Salón de actos (atril) 172.16.243.182

Videoconferencia co equipamento das salas de reunións

As salas de reunións contan cun equipo que ten conectado unha webcam e un sistema de microfonía.

Só é posible usar o sistema de microfonía e a webcam da sala co propio PC da sala.

É posible realizar videoconferencias a través de Skype, Zoom, Microsoft Teams e Google Meet. Para outras solucións, consulta primeiro.

Conexión de portátiles á pantalla das salas

As mesas das salas de reunións teñen unha conexión HDMI conectada á pantalla da sala. Para elexila, cambia a entrada co mando da TV seleccionando “HDMI MESA”.