Táboa de Contidos

Maker Lab

O Maker Lab é un espazo de uso común que ten por obxectivo converter en tanxibles ideas que requiran crear e construír obxectos físicos, coas medidas de seguridade adecuadas, facendo uso das ferramentas e dos postos de traballo adaptados que se proporcionan.

Este espazo conta con varios bancos de traballo fixos e móbiles, ferramentas de taller variadas (como desaparafusadores, alicates, limas, serras…), consumibles de electrónica e ferraxaría (parafusos, porcas, cables, pequenos compoñentes electrónicos, Arduinos…), maquinaria especializada (impresoras 3D de filamento, fresadora CNC…) e o equipo de protección necesario para o seu uso.

Solicitude de acceso

Para utilizar o Maker Lab é necesario dispoñer de acceso autorizado ao espazo.

Antes de solicitar o acceso, debes ler as normas de convivencia e de seguridade indicadas nesta páxina. O uso do Maker Lab implica o seu cumprimento.

Para solicitar acceso, ponte en contacto con citius.tic@usc.es indicando ademais se fora preciso cal das seguintes habilitacións precisas.

Habilitación para o uso de maquinaria especializada

O acceso ao Maker Lab non implica automaticamente a autorización para utilizar toda a maquinaria dispoñible.

Determinadas máquinas requiren unha habilitación previa, que se obtén despois de realizar unha formación básica sobre o seu uso e as súas normas de seguridade.

Existen tres categorías de habilitación:
3D Printers → Permite utilizar as impresoras 3D.
StepCraft M.500 (CNC Milling) → Permite utilizar a fresadora CNC StepCraft M.500.
Bambu Lab H2D (corte/láser) → Permite utilizar o módulo de corte e gravado láser da Bambu Lab H2D.

As formacións organízanse coa persoa solicitante en función da dispoñibilidade das unidades de apoio. Unha vez realizada a formación, a habilitación quedará rexistrada e poderá consultarse en Xici como un novo servizo dispoñible.

Para solictar calquera das habilitacións ponte en contacto con citius.tic@usc.es .

Tamén é posible evitar calquera destas habilitacións coa presentación dunha declaración responsable que acredite dispoñer dos coñecementos necesarios para o uso seguro da maquinaria para a que se solicita acceso.

Normativa

Normas de convivencia

  1. É preciso unirse ao grupo de Telegram do Maker Lab para facilitar a coordinación.
  2. Só poden acceder ao espazo as persoas autorizadas. As persoas autorizadas poden consultarlo en Xici no apartado de servizos activos do investigador.
  3. O material e as instalacións deben utilizarse seguindo as normas de seguridade e as indicacións enlazadas nesta wiki e nos carteis dispostos no propio espazo de traballo.
  4. As ferramentas e o material funxible teñen un lugar asignado que está debidamente etiquetado. Ao rematar o seu uso, debes devolvelos ao seu sitio.
  5. As ferramentas son para uso exclusivo dentro das instalacións do Maker Lab. No caso de ter un bo motivo para sacar de alí algunha ferramenta, debe notificarse no tema de Telegram correspondente.
  6. No caso de atopar material deteriorado, fóra do seu sitio ou detectar que falta, debe notificarse no tema de Telegram correspondente, con fotos no caso de ser relevante.
  7. As superficies de traballo deben manterse libres dentro do posible. As persoas usuarias do Maker Lab poden asignarse un cubículo no Armario de Proxectos (armario nº 3) onde deixar as súas cousas.
  8. É necesario facer unha reserva previa das ferramentas clasificadas como maquinaria especializada (impresoras 3D, CNC, etc.) usando a aplicación de reservas.
  9. Cando estea reservado o Plató Virtual, non será posible utilizar ferramentas que emitan ruído ou vibracións, e debe consultarse a descrición da reserva do Plató Virtual por se tivesen algunha necesidade especial ao respecto.
  10. No caso de facerse unha revisión significativa das normas de convivencia, deberán volver aceptarse. Notificarase a todas as persoas interesadas coa antelación suficiente.

(última actualización 30/09/2026)

Normas de seguridade

  1. O Maker Lab conta con lentes de protección, roupa de traballo e luvas de seguridade de uso común, así como luvas, protectores de pelo e calzado desbotables.
  2. As persoas usuarias habituais poden solicitar lentes de protección, roupa de traballo ou luvas de seguridade de uso individual escribindo a citius.tic@usc.es . Este material debe gardarse no Armario de Seguridade (debaixo da pantalla) debidamente etiquetado.
  3. As ferramentas deben utilizarse seguindo as indicacións de seguridade do fabricante, as indicacións enlazadas nesta wiki e nos carteis dispostos no propio espazo de traballo.
  4. As ferramentas clasificadas como maquinaria especializada (impresoras 3D, CNC, etc.) requiren dunha habilitación específica antes de poder ser utilizadas, debido á complexidade do seu uso e ás súas normas de seguridade. Podes consultar se estas autorizado revisando en Xici no apartado de servizos activos do investigador se dispon da habilitación correspondente.
  5. No caso de facerse unha revisión significativa das normas de seguridade, deberán volver aceptarse.

(última actualización 30/09/2026)

Instalacións e material dispoñibles

Maquinaria especializada

O uso da maquinaria especializada require dispoñer da habilitación correspondente indicada na sección de Solicitude de acceso. Ademais, cada vez que se utilice é preciso facer unha reserva previa na aplicación de reservas.

(Os manuais da H2D e da H2D Pro comparten a maior parte do contido, aínda que a información no manual e na wiki da H2D é máis extensa.)

(última actualización 29/09/2026)

Ferramentas

(última actualización 29/09/2026)

Funxible de electrónica e ferraxaría

Por razóns de inventario, é necesario notificar polo grupo de Telegram o uso destes compoñentes.

(última actualización 15/09/2026)

Máis información

As persoas con acceso ao Maker Lab teñen á súa disposición un cartafol compartido en Nextcloud con máis información, incluíndo manuais, ficheiros adicionais e unha lista de todas as persoas con acceso ao espazo.