Táboa de Contidos

Comisión de igualdade

A Comisión de Igualdade do CiTIUS ten por obxectivo principal velar polo principio de igualdade en toda a actividade do CiTIUS e particularmente nos seguintes ámbitos:

Composición

Plans de igualdade

Plan de Acción en Igualdade de Oportunidades 2022-2023 do CiTIUS

III Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes da USC 2021-2024

Guías lingüísticas

A USC publicou unha guía de linguaxe non sexista: Criterios de linguaxe non sexista

Conciliación

A USC promove servizos para fomentar a conciliación corresponsable e compatibilizar a vida laboral e familiar. Estas iniciativas están dirixidas a toda a comunidade universitaria:

Permisos por xestación, nacemento e coidado de menores

A USC conta cunha serie de permisos retribuídos de xestación, nacemento, adopción ou acollemento de menores:

Para calquera dúbida relativa aos permisos, podes preguntar en Secretaría a Pilar Martínez Carou.

Protocolo da USC en materia de acoso

A USC conta cun Protocolo de prevención e actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero, que se pode consultar neste enlace.

Existe un procedemento de denuncia de acoso e un formulario de denuncia a través da sede electrónica da USC.

Contacto

Para calquera suxerencia ou consulta, pódese contactar con calquera dos membros da Comisión de Igualdade do CiTIUS.

A USC tambén conta cunha Oficina de Igualdade de Xénero da USC: