Cada investigador/a interesado/a en facer unha contratación debe dirixirse ao persoal de xestión do centro encargado da xestión de convocatorias, quen lle pode asesorar no proceso de selección de tipo de contrato
A seguinte imaxe resume o proceso de contratación:
** INSPIRARSE NESTA IMAXE EXPLICANDO O PROCESO**
A xestión do proceso da convocatoria, farase empregando Sateco
A seguinte táboa amosa os tempos estimados do proceso:
| Fase | Convocatoria Ordinaria | Convocatoria Urxente |
|---|---|---|
| Solicitude | 5 días hábiles | 3 días hábiles |
| Publicación lista prov | 3 días hábiles | 3 días hábiles |
| Enmendas | 2 días hábiles | 2 días hábiles |
| Publicación lista def | 3 días hábiles | 3 días hábiles |
| Publicación proposta contratación | 3 días hábiles | 3 días hábiles |
| Recurso reposición | 1 mes | 1 mes |
| Recurso contencioso-administrativo | 2 meses | 2 meses |
A selección do persoal garantirá os principios constitucionais de igualdade, publicidade, mérito e capacidade, e realizarase mediante convocatoria pública, de forma que permita un desenvolvemento profesional transparente, aberto, competitivo e baseado en normas preestablecidas e públicas, e comparables a nivel internacional.
| Principios dos procesos de contratación |
|---|
| Transparencia en todo o proceso |
| Imparcialidade, idoneidade, profesionalidade e responsabilidade dos membros dos órganos de selección |
| Independencia e discrecionalidade baseadas exclusivamente en criterios técnicos na actuación dos órganos de selección |
| Adecuación entre o proceso selectivo e as funcións ou tarefas a desenvolver |
| Outros criterios e principios xerais establecidos no Estatuto Básico do Empregado Público e na Lei da ciencia, así como, nos convenios colectivos aplicables ao persoal laboral e na súa normativa de desenvolvemento, en particular os referidos á igualdade de oportunidades e á tendencia á paridade nos órganos de selección |
Existen dúas modalidades de contratos, temporais e indefinidos.
Para propoñer unha contratación indefinida é necesario a creación e aprobación dunha liña asociada a contratación nun Programa Integrado. A creación da liña é un proceso que pode levar arredor dunha semana. O persoal de recursos humanos do CiTIUS pode asistir no proceso (citius.rrhh@usc.gal).
Os salarios asociados aos diferentes tipos de contratacións poden consultarse na seguinte ligazón.
A calculadora de contratos da USC permite calcular os custos asociados os diferentes tipos de contratos de persoal. A continuación enumeramos os diferentes tipos de contratos segundo as Categorías de Persoal: (detalles a continuación da táboa)
O persoal investigador en iniciación realizará funcións investigadoras que lle permitan obter a práctica profesional investigadora adecuada ao nivel de estudos ou de formación obxecto do contrato, previa á etapa de doutoramento. A persoa investigadora principal deberá elaborar un plan formativo individual no que se especifique o contido da práctica profesional, e asignará titor/a que conte con formación e experiencia adecuadas para o seguimento do plan e o correcto cumprimento do obxecto do contrato. Á finalización do contrato a persoa terá dereito a unha certificación da práctica realizada.
Titulación requerida: Licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao ou equivalente. + Ter finalizado os estudos de grao dentro dos tres anos previos á data de inicio do contrato ou cinco anos no caso de persoas con discapacidade. + Non ter experiencia profesional na USC no ámbito da investigación por tempo superior a 3 meses nin noutro centro, baixo esta modalidade contractual por tempo superior a un ano.
O contrato será de duración determinada e a tempo completo ou parcial. A retribución correspóndese co SMI (no 2026: 1.237,84 €)[Retribución bruta anual: 17.329,76 € ]. No suposto de dedicación a tempo parcial, esta será do 50% ou do 75% da xornada que estea establecida como dedicación completa (35h/semanais).
A duración do contrato poderá ser, será como mínimo de 6 meses e como máximo de 12 meses. Só admite unha prórroga de 6 meses (6 meses + 6 meses). Se o contrato inicial é dun número de meses superior a 6, non se poderá prorrogar.
A matrícula nun programa de doutoramento, supón a extinción deste contrato.
Pódense ver a continuación as condicións salariais deste persoal:
Titulación requerida: Licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao de polo menos 300 créditos ECTS (European Credit Transfer System) ou inferior a 300 ECTS con máster universitario, ou equivalente. As persoas solicitantes deberán estar admitidas nun programa de doutoramento concreto.
A dedicación será a tempo completo. A retribución aumenta en función do ano de contrato (no 2026):
- 1º e 2º ano: 1.357,66 € [Retribución bruta anual: 19.007,24 € ]
- 3º ano: 1.454,64 € [Retribución bruta anual: 20.364,96 € ]
- 4º ano: 1.818,29 € [Retribución bruta anual: 25.456,06 € ]
Este contrato poderá incluir os seguintes complementos:
As funcións do persoal colaborador consistirán na realización de tarefas de investigación no marco de proxectos específicos de investigación e a súa clasificación realizarase en función dos criterios de formación e experiencia acreditada para o posto.
Titulación requerida: Licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao ou equivalente.
A dedicación poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, neste último suposto será do 25%, 50% ou 75% da xornada que estea establecida como dedicación completa. Retribución a tempo completo (no 2026): 1.799,22 €. [Retribución bruta anual: 25.189,08 € ]
Este contrato poderá incluir os seguintes complementos:
A relación poderá formalizarse segundo as seguintes casuísticas:
Contémplanse as seguintes categorías de investigadores postdoutorais:
FUNCIONS
Titulación requerida: Doutoramento.
A dedicación poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, neste último suposto será do 25%, 50% ou 75% da xornada que estea establecida como dedicación completa. Retribución a tempo completo (no 2026): 2.367,10 €. [Retribución bruta anual: 33.139,4 € ]
Información sobre complementos, así como duración e circunstancias que permiten este tipo de contrato → consultar o apartado anterior, 3.1) Inv. Colaborador/a (son as mesmas)
Poderase contratar persoal de apoio á investigación, con financiamento alleo ou propio no marco de plans e proxectos de l+D. No suposto de que a relación se formalice en réxime laboral e por circunstancias da produción a duración do contrato poderá ser, como máximo, de 1 ano. A duración poderá ser indefinida no suposto de execución de plans e programas públicos de investigación científica e técnica ou de innovación.
Existen as seguintes categorías de persoal de apoio a investigación:
FUNCIONS
Titulación requerida: Grao, licenciatura, enxeñaría arquitectura ou equivalentes A dedicación poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, neste último suposto será do 25%, 50% ou 75% da xornada que estea establecida como dedicación completa. Retribución a tempo completo (no 2026): 2.795,98 €. [Retribución bruta anual: 39.143,72 € ]
Este contrato poderá incluir os seguintes complementos:
FUNCIONS Aquel persoal cualificado que realiza tarefas de apoio relacionadas coa xestión da I+D, tales como a planificación, a información ou o asesoramento sobre protección de resultados.
Titulación requerida: Grao, licenciatura, enxeñaría arquitectura ou equivalentes A dedicación poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, neste último suposto será do 25%, 50% ou 75% da xornada que estea establecida como dedicación completa. Retribución a tempo completo (no 2026): 2.795,98 €. [Retribución bruta anual: 39.143,72 € ]
FUNCIONS
Titulación requerida: Diplomatura, arquitectura técnica, enxeñaría técnica ou equivalentes
A dedicación poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, neste último suposto será do 25%, 50% ou 75% da xornada que estea establecida como dedicación completa. Retribución a tempo completo (no 2026): 2.308,39 €. [Retribución bruta anual: 32.317,46 € ]
FUNCIONS
Titulación requerida: Bacherel ou técnico, bacherelato unificado polivalente, FP II, FP grao superior, ciclo formativo de grao medio, ou equivalentes
A dedicación poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, neste último suposto será do 25%, 50% ou 75% da xornada que estea establecida como dedicación completa. Retribución a tempo completo (no 2026): 2.183,41 €. [Retribución bruta anual: 30.567,74 € ]
A proposta de contratación incluirá, de forma xeral, a seguinte informacion:
| Campo | Descrición |
|---|---|
| Número de prazas ofertadas | 1 ou máis prazas |
| Tipo de persoal investigador | Asociado, colaborador, iniciación, predoutorais, persoal de apoio á investigación , indefinido |
| Porcentaxe de adicación | Tempo Completo, 75%, 50%, 25% |
| Datas | Data prevista de inicio/ Data prevista de fin |
| Retribucións | Retribución, complementos de dedicación, proxecto ou obxectivos |
| Traballo a realizar | Descrición do traballo a realizar |
| Funcións a realizar | Enumeración das funcións a realizar |
| Horario | Horario de traballo |
| Centro de traballo | En xeral o CiTIUS, pero podería ser outro centro da USC |
| Comisión de selección | Como mínimo tres membros a proposta do investigador principal: Presidente , Secretario, Vogal. Principio de Paridade |
| Méritos a avaliar | Que se describen na seguinte subsección |
A unidade de RRHH do CiTIUS realizará as seguintes verificacións:
| Verificación |
|---|
| Adecuación do tipo de contrato ás necesidades definidas polo IP |
| Duración da actividade orzamentaria cubrindo a duración do contrato |
| Adecuación da retribución proposta ás características do tipo de contrato |
| Solicitude dos informes correspondentes |
Para os contratos por necesidades da produción é necesario o visto bo, asinado ou dada conformidade por correo electrónico, do responsable designado do equipo de xestión de RRHH do CiTIUS.
Os méritos a avaliar divídense en dúas categorías: méritos xerais e méritos específicos
Os méritos xerais deben representar entre 30 e 40 puntos da puntuación total.
O seu obxecto e adecuar o mérito de titulación á titulación esixida como requisito. Inclúense aquí:
| Méritos xerais | Consideracións |
|---|---|
| Titulacións | O maior peso das puntuacións debe ser da titulación esixida |
| Grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría ou equivalentes: Puntos en grao ou licenciatura maior que en doutoramento ou mestrado | |
| Doutoramento: Puntos en grao ou licenciatura menor ou igual que puntos en doutoramento | |
| Expediente académico | Pode incluir un mínimo, ou a baremación que se utilizará |
| Experiencia laboral acreditable | Experiencia profesional acreditada en universidades, organismos públicos ou empresas privadas) |
| Idiomas estranxeiros | Non se acepta “coñecementos en…” Ten que tratarse dunha certificación de nivel |
| Lingua galega | |
| Carné de conducir |
Os méritos específicos contribúen con entre 60 e 70 puntos a puntuación total. Inclúense aquí:
| Méritos específicos | Consideracións |
|---|---|
| Experiencia laboral acreditable | experiencia específica nun ámbito determinado |
| Formación específica acreditable | formación específica nun ámbito determinado |
| Publicacións científicas | |
| Participación e asistencia a congresos | |
| Estadías de investigación | |
| Cartas de referencia | |
| Entrevista opcional | máximo 25 puntos. Pódese establecer un umbral |
Debe terse en conta que termos como coñecementos ou habilidades son méritos dificilmente baremables.
No caso dos contratos predoutorais e os contratos de iniciación o esquema de méritos sería:
| Tipo de contrato | Nota media do expediente académico de grao e mestrado | CV/Formación Acreditable | Entrevista persoal |
|---|---|---|---|
| Contrato predoutoral | 40 puntos | CV: 35 puntos | 25 puntos |
| Contrato de iniciación | 40 puntos | Formación acreditable: 35 puntos | 25 puntos |
O envío da proposta de praza a publicar farase empregando SATECO. Desde o menú de “enviar praza”, seleccionando o tipo de praza e cubrindo toda a información necesaria. Esa proposta será revisada, e unha vez validada, será enviado o documento de proposta de praza ao persoal investigador responsable da actividade, para a sinatura.
Co conxunto de prazas enviadas, preparase a convocatoria de contratación. No caso de que sexa Ordinaria o prazo de presentación para as persoas é de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación, no caso da Urxente, 3 días.
A publicación das convocatorias realizarase como mínimo no Taboleiro Electrónico da Universidade e na sección de talento da web do CiTIUS.
Para o suposto de prazas de persoal investigador asociado de máis dun ano ou contratos asociados a proxectos europeos publicaranse en EURAXESS ou outro portal que se considere adecuados para a internacionalización do proceso.
Aberto o procedemento, as persoas aspirantes presentan a súa candidatura a través da sede electrónica da USC. Cada centro, a través do seu xestor de centro habilitado, ten acceso ás candidaturas segundo a súa convocatoria/as aberta/as: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/CITIUS_contratacion.htm https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/CITIUS_emendacontratacion.htm
As comisións de selección constituídas en xuntanza presencial ou en remoto elevarán unha acta da mesma onde se recollerán por orde as persoas seleccionadas segundo a puntuación e a motivación de cada unha delas.
Os membros da comisión de selección recibirán un correo electrónico coa ligazón á praza correspondente en SATECO, onde terán dispoñible toda a información para realizar a avaliación dos candidatos. O resultado final do proceso en SATECO será a acta, sendo estes os seguintes pasos ata xerala:
1) Sesión 1. Cumprimentación de criterios e valoración dos diferentes méritos das candidatas, indicando cales pasan á fase de entrevista. É importante deixar recollido de xeito detallado, obxectivo e claro na acta a xustificación das valoracións e puntuacións realizadas a cada candidato. Unha vez realizado, envíase a validación polo persoal de xestión, que o aprobará (habilitando a seguinte fase do proceso) ou solicitará correccións.
2) Comunicación a candidatas. A comisión de selección é responsable de comunicar os diferentes candidatos o resultado do proceso de avaliación. Habilitarase aferramenta, onde se xeran uns modelos de correos a enviar a todos os candidatos do proceso selectivo. No caso dos candidatos que pasen á entrevista, poderase incluir xa a data e hora da entrevista, así como a ligazón no caso de facerse por Teams. Unha vez marcada como realizada esta parte, pódese acceder á seguinte.
3) Sesión 2. Aquí realízase a avaliación do mérito de entrevista, e indícase o resultado do proceso selectivo. Pode haber persoas propostas, e tamén persoas en lista de agarda, ou a xustificación no caso de quedar deserta.
A xustificación dos méritos será validada polo persoal de xestión, e unha vez validada, será remitida a acta aos membros da Comisión de selección a través do portasinaturas coporativo da USC
A convocatoria poderá resolverse de maneira conxunta, mediante unha única resolución coa totalidade das prazas convocadas, ou de maneira parcial, mediante a incorporación progresiva das actas conforme se vaian recibindo. Neste último caso, procurarase publicar dúas resolucións semanais.
Para tramitar a contratación das persoas seleccionadas, deberán publicarse no taboleiro electrónico os seguintes documentos:
- Proposta de selección das Comisións de selección. Neste documento inclúese as persoas seleccionadas e a puntuación de todas as candidatas das prazas incluídas na proposta, e deberá ser asinado polas presidencias das respectivas comisións de selección.
- Resolución de selección. Unha vez asinada a proposta anterior, a dirección do centro procederá á sinatura da correspondente resolución de selección.
Os documentos publicaranse na sede electrónica da USC, así como na páxina web do CiTIUS correspondente á oferta.
Unha vez emitida pola dirección do centro a resolución, remitirase o expediente completo da convocatoria á Subárea de Convocatorias e Programas de Recursos Humanos de I+D da USC. A partir dese momento, o Servizo de Persoal porase en contacto nos días seguintes, coa persoa seleccionada para formalizar o contrato.