Algúns consellos básicos a ter en conta cando se desenvolvan actividades de comunicación:
Informar con antelación á Unidade de Prensa sempre que se teña coñecemento dunha acción de comunicación relacionada co centro.
Presentarse sempre como persoal investigador do CiTIUS e non únicamente como persoal investigador da USC.
Moi especialmente, cando se difundan resultados con outras entidades, poñer sobre aviso á Unidade de Prensa para garantir que conste a mención expresa ao CiTIUS na nota de prensa definitiva.
Sempre que sexa posible, facer uso do material de difusión do CiTIUS (roll-ups, folletos, fondos de pantalla, etc.), posto á disposición do equipo para mellorar a comunicación do centro. Parte de este material pódese descargar aquí.