====== Preguntas frecuentes sobre a Wiki ====== ===== Autenticación ===== ==== Cál é o meu nome de usuario e contrasinal? ==== O nome de usuario e o contrasinal son os de Identificación CITIUS. Son os mesmos que tes que introducir na páxina [[http://citius.usc.es/|páxina do CITIUS]]. ==== Non teño identificación do CITIUS. Podo facer uso da wiki? ==== Non. Todo o persoal, investigadores e colaboradores do centro poden e deben ter unha identificación do CITIUS. Podes solicitar unha nova identificación ou un recordatorio de contrasinal enviando un correo a [[citius.tic@usc.es]] ===== Contido ===== ==== Non podo crear ou editar páxinas. Que ocorre? ==== Para editar ou crear páxinas é preciso identificarse. Ademáis, non se poden crear páxinas no espazo de nomes de primeiro nivel. Os investigadores deberán facer uso do espazo de nomes [[inv:start|inv]] se queren crear contido de acceso público. Tamén existen [[wiki:espazos_privados|espazos de acceso privado]] a distintos grupos. ==== Que é un 'espazo' e para que serven? ==== Un espazo é unha forma de categorizar a wiki. No noso caso, utilízase ademáis para crear grupos de usuarios definindo permisos específicos para cada un. Tamén existen espazos de nomes especiais como [[playground:start|playground]] (eira) ou [[acl:|acl]], que é onde se definen os permisos de acceso. ==== Poden crearse espazos para grupos de usuarios pequenos? ==== Sí, só tes que solicitalo mediante o [[http://www.dec.usc.es/rec-informaticos/incidencias|formulario de incidencias]] do CITIUS. Os espazos terán os permisos requeridos, e serán listados na páxina de [[wiki:espazos_privados|espazos privados]]. ==== Que tipos de contidos poden aloxarse nesta wiki? ==== Poden aloxarse todos os contidos que teñan que ver directa ou indirectamente coa actividade que os investigadores realizan no Centro, sempre e cando non sexa contraria ás leis, á normativa da Universidade e do propio Centro e teña unha función coherente no grupo para o que se publica. Por exemplo, non teñen cabida no espazo [[inv:start|inv]] páxinas para organizar reunións (sexan de traballo ou lecer) ou para enlazar resultados privados de proxectos a modo de //clipboard//. Para usos privados ou máis restrinxidos poden utilizarse os espazos privados xerais como [[inv-private:start|inv-private]] ou solicitar a creación de espazos privados específicos. Poderán subirse arquivos que servan como apoio ós artigos publicados na wiki, pero os arquivos que non sexan enlazados serán borrados de maneira periódica. ==== Como podo subir e enlazar arquivos? ==== Para subir arquivos pódese facer uso do botón {{:files:image.png|}} da barra de ferramentas de edición. ==== Como podo denunciar un contido ou comportamento? ==== Podes facelo a través do [[http://citius.usc.es/issues|formulario de incidencias]] do CITIUS. Non sendo unha comunicación anónima, tentaremos na medida do posible garantir a confidencialidade dos correos recibidos. ===== Funcionamento ===== ==== Con que software está implementada esta wiki? ==== A wiki está implementada utilizando Dokuwiki, cun tema visual que adapta o aspecto visual de Mediawiki e uns cantos plugins que permiten extender a funcionalidade de Dokuwiki. ==== Ónde podo atopar unha referencia da sintaxe? ==== Podes atopar unha referencia en inglés na [[wiki:syntax|páxina de sintaxe]]. Se ben non están detalladas todas as posibilidades que ofrecen os distintos plugins, hai ligazóns para ampliar a información. A mellor forma de aprender é apoiarse no uso da barra de ferramentas superior e vendo o código das outras páxinas. ==== Pódense usar etiquetas nas páxinas? ==== Sí. Pódense etiquetar as páxinas de forma que se facilite a búsqueda. Para etiquetar unha páxina, introduce o seguinte código na parte inferior da páxina: {{tag>tag1 tag2 tag3}} ==== Pódense inserir fórmulas matemáticas? ==== Sí, a través do plugin [[https://www.dokuwiki.org/plugin:latex|latex]] da wiki pódese inserir código LaTeX directamente co que poñer fórmulas matemáticas ou gráficas. $$ \frac{d}{dx}\left( \int_{0}^{x} f(u)\,du\right)=f(x) $$ $$ \frac{d}{dx}\left( \int_{0}^{x} f(u)\,du\right)=f(x) $$ \setlength{\unitlength}{1mm} \begin{picture}(93,46) \put( 0,14){\vector(1,0){60}} \put(61,13){$x$} \put(20,4){\vector(0,1){37}} \put(19,43){$y$} \put(50,34){\circle*{2}} \put(52,35){$P$} \multiput(20,34)(4,0){8}{\line(1,0){2}} \put(14.5,33.5){$y_P$} \multiput(50,14)(0,4){5}{\line(0,1){2}} \put(48,11){$x_P$} \put( 2,8){\vector(3,1){56}} \put(59,26.5){$x'$} \multiput(50,34)(1.9,-5.7){2} {\line(1,-3){1.2}} \put(52,22){$x_P'$} \multiput(50,34)(-5.8,-1.933){6} {\line(-3,-1){3.6}} \put(12,21){$y_P'$} \put(22,8){\vector(-1,3){10.5}} \put(10,41){$y'$} \end{picture} \setlength{\unitlength}{1mm} \begin{picture}(93,46) \put( 0,14){\vector(1,0){60}} \put(61,13){$x$} \put(20,4){\vector(0,1){37}} \put(19,43){$y$} \put(50,34){\circle*{2}} \put(52,35){$P$} \multiput(20,34)(4,0){8}{\line(1,0){2}} \put(14.5,33.5){$y_P$} \multiput(50,14)(0,4){5}{\line(0,1){2}} \put(48,11){$x_P$} \put( 2,8){\vector(3,1){56}} \put(59,26.5){$x'$} \multiput(50,34)(1.9,-5.7){2} {\line(1,-3){1.2}} \put(52,22){$x_P'$} \multiput(50,34)(-5.8,-1.933){6} {\line(-3,-1){3.6}} \put(12,21){$y_P'$} \put(22,8){\vector(-1,3){10.5}} \put(10,41){$y'$} \end{picture} Antes a wiki utilizaba outro plugin máis restrinxido que permitía renderizar fórmulas entre os tags '''', pero desaconsellamos o seu uso en novas páxinas. ==== Pódese inserir código HTML? ==== Non, non é posible inserir código HTML. ==== Pódense crear contido en varias columnas? ==== Sí, aínda que se desaconsella o seu uso por norma xeral, se se desexan crear columnas para determinados contidos poden utilizarse os seguintes tags: Por exemplo, o código ''Contido columna 1Contido columna 2'' dará como resultado: Contido columna 1Contido columna 2 ==== Pódense crear listaxes de páxinas? ==== Sí, mediante o uso do seguinte código: {{alphaindex>espazo#1|nons}} ~~NOCACHE~~ Nese caso, listará as páxinas do espazo co nome ''espazo'' a un único nivel de profundidade. O código ''~~NOCACHE~~'' é imprescindible se queres que o listaxe se recargue automáticamente, o que evitará ter que volver a editar a páxina cada vez que se engadan ou se borren páxinas. ==== Pódense exportar os artigos a PDF? ==== Sí, hai dúas maneiras de facelo. A primeira é usar o enlace ''Download as PDF'' da marxe esquerda dunha páxina, o que efectivamente engade á URL actual o parámetro ''do=export_pdf''. A segunda é mediante o uso do plugin [[http://danjer.doudouke.org/tech/dokutexit|DokuTeXit]]. Débese crear unha páxina co seguinte código: author=Autores do libro title=Título do libro Co cal aparecerán na páxina botóns para descargar o contido en PDF e máis en LaTeX. ==== Pódense crear «libros» a partires da unión de varias páxinas? ==== Sí, mediante o uso do plugin [[http://www.dokuwiki.org/plugin:include|Include]] pódense incluir unhas páxinas en outras. Para incluir unha páxina en outra utilízase unha sintaxe como esta: {{page>:inv:composit}} {{page>:inv:java}} Entón, pódese exportar a páxina en PDF segundo o explicado no apartado anterior.