====== Procedementos para a elaboración e depósito da tese de doutoramento ======
Esta entrada da Wiki pretende ser un punto onde resolver as dúbidas que se adoitan presentar durante o período de escritura/depósito da tese de doutoramento.
//Os documentos que se proporcionan aquí son os modelos que se entregaban no momento de elaboración desta entrada. Aconséllase utilizalos unicamente como guía, e descargalos de cadansúa fonte orixinal, proporcionadas tamén neste documento.//
//Ao longo de todo este documento vaise utilizar o xénero feminino para referirse a todas as figuras persoais entendendo que estas figuras son persoas, se non te sintes identificada como persoa, sinto as molestias.//
===== Formato do manuscrito =====
Para a publicación da tese podes empregar a plantilla do CiTIUS que está dispoñible para descarga no [[https://gitlab.citius.usc.es/citius/thesis-class|Repositorio Gitlab]].
===== Proceso de depósito da Tese =====
A guía que se presenta a continuación foi xerada por persoal investigador predoutoral para facilitar o proceso a futuras investigadoras. Non obstante, **recoméndase revisar a documentación da EDIUS**, pois pode ser que esta sea actualizada sen que isto se reflexe neste documento.
==== 1. Escritura da tese ====
Escribe a tese e recorda ter **actualizado e aprobado** o **documento de actividades** e que o **título da tese** sexa o que aparece no **plan de investigación** da secretaría virtual.
[[https://github.com/tuub/theses-publisher-policies/blob/master/policies.md|Este repositorio]] sobre o copyright dos artigos pode que che sexa de axuda.
==== 2. Informe favorable dos revisores internacionais ====
Só para mención internacional
Un dos requisitos para obter a **mención internacional** é un {{ :inv:phd-defense-informemencioninternacional.doc |informe favorable}} da tese por parte de dúas investigadoras extranxeiras. Podes atopar a plantilla deste informe no //documento guía// que está dispoñible baixo a sección //"La Tesis" > "Depósito de tese" > "Comprobación previa á solicitude cando se conta con todas as sinaturas electrónicas"// na [[https://www.usc.gal/es/node/26843|web da EDIUS]].
==== 3. Solicitude de autorización de defensa á CAPD ====
O primeiro paso formal é solicitar á Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD) a **autorización da defensa da tese** en base aos criterios de lectura impostos polo Programa de Doutoramento (PD).
Para isto envía un correo á persoa coordinadora do teu PD solicitándolle o {{ :inv:phd-defense-criterioslecturacapd.doc |documento}} e envíallo de volta cuberto coa relación de publicacións, patentes, capítulos en libros... que culminaron na elaboración da tese.
====4. Solicitude de depósito ====
Inicia a solicitude electrónica para o depósito da tese (sección //"La Tesis" > "Depósito de tese" > "A solicitude de depósito por Sede Electrónica"// na [[https://www.usc.gal/es/node/26843|web da EDIUS]].). Para esta solicitude terás que introducir primeiro os seguintes datos:
===4.1. Información xeral===
* **Titulación de acceso** aos estudos de doutoramento, **institución** e **ano** na que a obtiveches.
* **Título** e **directoras** da tese.
* **Idioma** de **lectura** e de **redacción** do manuscrito.
* **Palabras chave**.
* **Resumo da tese (max 10 liñas)**: este resumo é o que vai ir como //abstract// en Minerva.
* **Clasificación UNESCO Área/Liña/Denominación**: por exemplo, o código de "//Intelixencia Artificial//" é 120304. Pide tres códigos, en caso de ter menos asociados hai que repetilos para encher os outros campos.
* **Convocatorias de co-financiamento conseguidas**: por exemplo, as axudas FPU, FPI, Xunta, etc.
===4.2. Especificar tipo de tese===
Despois deberás indicar se a tese //i)// opta a mención internacional, //ii)// opta a mención de doutoramento industrial, //iii)// se é unha tese con cotutela internacional vía convenio, //iv)// se é unha tese con protección de dereitos e/ou //v)// se é unha tese por compendio de publicacións.
===4.3. Anexar documentación===
Os documentos dos que non se especifica orixe están dispoñibles no //documento guía// referenciado no punto 2 desda wiki e na [[https://www.usc.gal/gl/centro/escola-doutoramento-internacional-usc/idioma-formato | web da EDIUS]].
==4.3.1. Xeral==
* {{ :inv:phd-defense-declaraciondoctoranda.docx |Declaración da autora da tese}}.
* {{ :inv:phd-defense-autorizaciondirectoramonografica.docx |Autorizacións da titora e directora/as da tese}}: No caso de tese por //compendio ou reprodución parcial// anexar o "Informe da directora da tese" (ver abaixo) neste lugar.
* {{ :inv:phd-defense-autorizaciondifusion.docx |Declaración para o arquivo e difusión da tese}}.
==4.3.2. Mención Internacional==
* {{ :inv:phd-defense-certificadoestadiacentroreceptor.pdf |Certificado acreditativo da estadía}}: documento libre de formato no que o responsable no centro de destino acredite que a doutoranda realizou a estadía.
* {{ :inv:phd-defense-autorizacioncapd.docx |Autorización da CAPD previa á realización da estadía}}: documento no que a CAPD autoriza a realización da estadía (ten que ser **expedido previamente** á realización da estadía).
* Informes das expertas internacionais (informe descrito no punto 2 da wiki).
==4.3.3. Mención Industrial==
* Certificado de vida laboral.
* Memoria final empresa.
==4.3.4. Cotutela Internacional==
* Declaración de cumprimento.
* Certificados das estadías.
==4.3.5. Protección de dereitos==
* Compromiso de custodia (tras solicitude previa a escola).
==4.3.6. Compendio de Publicacións ou Monográfica con Reprodución==
* {{ :inv:phd-defense-autorizaciondirectoracompendio.docx |Informe da directora da tese}}.
* {{ :inv:phd-defense-autorizacioncoautorescompendio.docx |Aceptación das coautoras doutoras e renuncia das coautoras non doutoras}} ou, en caso de non poder obter esta aceptación, {{ :inv:phd-defense-declaracionresponsablecompendio.docx |declaración da doutoranda}}.
* Documentación adicional: posibilidade de anexar ata 5 documentos.
====5. Envío de documentación á secretaría do departamento ====
Despois de presentar a solicitude, debes agardar a que dende a secretaría do departamento (actualmente [[ana.rodriguez.otero@usc.es|Ana Rodríguez]]) che soliciten a documentación necesaria para realizar os trámites:
* Memoria da tese en formato PDF e sen firmar.
* Compendio ou Monográfica con Reprodución Memoria da tese sen os contidos reproducidos de artigos publicados ou en publicación.
* {{ :inv:phd-defense-aceptaciontribunal.docx |Aceptación dos membros do tribunal}}: un por cada membro do tribunal. Dispoñible baixo o nome //"Aceptación a formar parte do tribunal"// na sección //"El centro" > "Guías e impresos" > "Impresos" > "CAPD"// na [[https://www.usc.gal/es/node/26843|web da EDIUS]].
* {{ :inv:phd-defense-propostatribunal.docx |Proposta dos membros do tribunal}}: un por cada membro do tribunal especificando quen é o primeiro vogal suplente. Dispoñible baixo o nome //"Proposta do tribunal"// na sección //"El centro" > "Guías e impresos" > "Impresos" > "CAPD"// na [[https://www.usc.gal/es/node/26843|web da EDIUS]].
====6. Solicitude de defensa ====
Unha vez recibas a aprobación da túa tese por parte da Comisión Executiva da EDIUS terás que solicitar a defensa da mesma.
===6.1 Defensa presencial ===
O secretario do tribunal ou, no seu nome, o coordinador da CAPD, debe notificar, cunha antelación mínima de 7 días naturais antes da data de defensa, mediante correo electrónico á EDIUS que a defensa realizarase de xeito presencial indicando: data, lugar e hora de acto de lectura.
Máis info na [[https://www.usc.gal/gl/centro/escola-doutoramento-internacional-usc/defensa-presencial|web da EDIUS]].
===6.2 Defensa semipresencial ou virtual ===
Solicitar a defensa semipresencial ou virtual a través da sede electrónica da USC (enderezo dispoñible no apartado de defensas da [[https://www.usc.gal/gl/centro/escola-doutoramento-internacional-usc/defensa-telematica|web da EDIUS]]). Ao realizar dita solicitude, hai que anexar un {{ :inv:phd-defense-declaraciontribunaltesistelematica.docx |documento}} no que cada membro do tribunal afirma coñecer a modalidade de defensa e o tipo da súa participación.
====7. Pago das taxas de defensa ====
O seguinte será proceder ao pago das taxas para a defensa (117.09 €). Para isto envíalle un correo electrónico ao servizo de xestión académica do doutoramento a través do enderezo preguntando por dito trámite.
====8. Impresión da tese ====
Unha vez autorizada a defensa da tese, tense que entregar un exemplar en formato físico na EDIUS, para o cal hai que encargar as impresións. Para isto hai que enviar un correo a Campus na Nube () pedindo presuposto para o número de impresións que queiras, especificando o tipo de encadernación (dura ou branda), o número de páxinas total, e o número de páxinas a color. Podes facer unha estimación previa usando {{ :inv:estimacioncampusnanube.ods |esta calculadora}}.
Actualmente, o departamento de electrónica e computación financia a impresión dun máximo de 7 teses (ata un máximo de 200 €). Para isto tes que enviarlle o presuposto á secretaría do departamento. Ten en conta que no caso de querer máis de 7 impresións (ou de pasarse do límite dos 200 €) os presupostos deberían xerarse de forma separada, un para que o pague o departamento, e o outro para pagalo ti ou o teu grupo de investigación se conta con financiamento.
Por último, hai que entregarlle unha das copias impresas, coas firmas das directoras e autora da tese, á secretaría do departamento, quen se encargará de envialo á EDIUS.
====9. Ficha Teseo ====
Unha vez autorizada a tese, para que se poida incorporar a mesma ao repositorio de teses de doutoramento [[https://www.educacion.gob.es/teseo/irGestionarConsulta.do|Teseo]], hai que cubrir a ficha seguindo o indicado no apartado da [[https://www.usc.gal/gl/centro/escola-doutoramento-internacional-usc/teseo-repositorio-institucional-minerva|web da EDIUS]].
Para facilitar este traballo pódese consultar {{ :inv:ficha-teseo-exemplo.pdf |este exemplo}}.
====10. Defensa da tese ====
Ánims!
=== 10.1 Encargar os pinchos ====
Encargar os pinchos é quizais o segundo punto máis importante. Para encargar os pinchos na Cafetería de Matemáticas tes que mandar un e-mail a [[andres@serega.es|andres@serega.es]] solicitándolle orzamento para uns pinchos de tese e indicarlle lugar, día e número aproximado de comensais. El mandarache distintos menús e prezos.
====11. Pago das taxas para a obtención do título ====
En caso de conseguir o título de doutora (noraboa!), o último paso sería solicitar a expedición de dito título. Se acadaches a máxima nota, tes que esperar a que che contacten dende a USC comunicándote o resultado da votación da mención //cum laude//, tras o cal xa che indican os pasos a seguir. En calquera caso terás que enviar un mail a [[doutoramento@usc.gal]] adxuntando o teu DNI e {{ :inv:solicitude-titulo-doutor.pdf |este formulario}} cuberto e asinado.
Tras esto te informarán de cómo proceder ao pago (183.10€), para recoller o título nun prazo aproximado de 1 mes e medio ou 2 meses.
==== Timing ====
Diagrama ordenando temporalmente os pasos descritos nesta entrada. As frechas representan a precedencia, tendo que realizar todas as actividades previas.
- Neste enderezo podes consultar as [[https://www.usc.es/gl/web/edius/teses_tramite.html|teses en trámite]] e os días que comprenden ese prazo para cada tese.
- Aquí podes consultar as [[https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-edius/SitePages/Comisión-Executiva-da-EDIUS.aspx|vindeiras reunións da Comisión Executiva da EDIUS]].
- Mención internacional Os informes dos revisores internacionais pódense solicitar antes de ter a versión definitiva da tese, sempre que non che falte moito (e.g. formatear os estilos, correxir errores ortográficos, ou unha pequena revisión dalgunha sección).
- Mención internacional Os informes dos revisores internacionais non fan falla ata a reunión da CAPD na que aproban a túa defensa, en caso de querer iniciar antes o proceso consúltao co teu Programa de Doutoramento con anterioridade.
{{ :inv:proceso-tesis.png?400 |}}
Se queres modificar o diagrama para actualizalo e/ou melloralo podes descargar {{ :inv:proceso-tesis.zip |este arquivo}}, descomprimilo e cargalo en [[https://app.diagrams.net/|app.diagrams.net]].