JMonkey é un Framework de desenvolvemento que permite a xeración de animacións utilizando OpenGL. A súa última versión estable é a 2.0.1. Consiste nun conxunto de librarías que permiten abstraer as funcións de OpenGL, reducindo o problema á escritura dun programa en Java. Os desenvolvedores poden descargar o conxunto de librarías necesarias para comezar a traballar con JMonkey na páxina oficial do proxecto (([[http://code.google.com/p/jmonkeyengine/downloads/detail?name=jME2_0_1-Stable.zip&can=2&q=|Páxina oficial de descarga de JMonkey 2.0.1]])) . O arquivo que se descarga contén unha serie de arquivos ".jar" e subcarpetas coas librarías necesarias para utilizar o framework. =====Creación dun proxecto con JMonkey===== En primeiro lugar hai que configurar o proxecto actual, ou crear un novo, no IDE. Neste caso utilizarase para a explicación o IDE Netbeans; explicacións para outros entornos de desenvolvemento pódense atopar na wiki do proxecto(([[http://www.jmonkeyengine.org/wiki/doku.php/jme2#setting_up_jme2_in_an_ide|Cómo configuar JMonkey para traballar cun IDE]])). Nas páxinas de axuda explícase cómo engadir JMonkeyEngine 2.0.1 ao IDE Netbeans, aquí explícase cómo facelo dunha forma mais inmediata: * Descargar a versión estable de JmonkeyEngine. * Crear unha nova libraría. Para isto, empregar o menú Tools-Libraries. * Engadir unha nova libraría. {{:files:captura1jmonkey.png|false}} * Engadir á libraría tódolos arquivos ".jar" que contén o directorio onde está almacenado //JMonkeyEngine/lib//, así coma nos subdirectorios. * É recomendable crear unha carpeta aparte, dentro do directorio //lib//, que conteña tódolos arquivos das carpetas //native/{$SIST_OPERATIVO}//, será necesario manterlas separadas e facilmente accesibles. * Incluír a libaría creada no proxecto. Quedará configurada para utilizar máis adiante en calquera outro. Estes son tódolos pasos precisos para poder empregar a libraría no proxecto. Á hora de executalo, é necesario enlazar as librarías native que foron separadas anteriormente nun directorio. Pódese facer cos seguintes parámetros: -Djava.library.path="directorio_native" Pódese configurar o proxecto de Netbeans para que utilice estes parámetros na execución, algo moi útil na fase de desenvolvemento. Isto faise escribindo as propiedades de execución dentro das propiedades do proxecto - Run - //VM Options//. {{:files:captura2jmonkey.png|false}} O proxecto ten detallada ademais unha descrición da API(([[http://www.jmonkeyengine.com/doc/|API de JMonkey]])) que utiliza, e unha Wiki(([[http://www.jmonkeyengine.org/wiki/doku.php/jme2|Wiki de JMonkey]])) onde se poden atopar numerosos exemplos(([[http://www.jmonkeyengine.org/wiki/doku.php/jme2#beginnersjme2_starter_tutorials|Tutoriales de JMonkey]])).