===== Manual da VPN para Ubuntu 24.04 ===== Este manual aplica a Ubuntu 22.04, 24.04 e outros sistemas Linux que utilicen versións similares de Gnome e Network Manager. As capturas de pantalla poden diferir lixeiramente en función das versións exactas de Gnome e o plugin de OpenVPN para Gnome. ==== Instalación ==== - Descarga o ficheiro ''vpn-UDP4-1194-config-2.5.2.ovpn'' desde [[https://nextcloud.citius.usc.es/apps/files/?dir=/VPN%20Files&fileid=4417914|o cartafol de VPN Files de Nextcloud]]. - Na configuración de Ubuntu, vai a //Redes//. {{ :es:centro:servizos:vpn:vpnubuntu22_1.png?nolink&400 |}} - Na sección VPN, preme o botón //+//, escolle a opción //Importar desde ficheiro...// e selecciona o ficheiro descargado no paso anterior. {{ :es:centro:servizos:vpn:vpnubuntu22_2.png?nolink&400 |}} - Na pestana //Identidade//, introduce o teu nome de usuario e contrasinal. {{ :es:centro:servizos:vpn:vpnubuntu22_3.png?nolink&400 |}} - Na pestana //IPv4//, na sección //DNS// desmarca a opción //Automático//, introduce ''193.144.75.9, 193.144.75.12'' como se mostra na captura de pantalla e na sección //Rutas// marca a opción // Usar só esta conexión para obter recursos na súa rede//. {{ :es:centro:servizos:vpn:vpnubuntu22_4.png?nolink&400 |}} - Finalmente, fai clic no botón //Engadir//. ==== Conectar e desconectar da VPN ==== Para conectarte, vai ao panel da esquina superior dereita e selecciona a VPN ou pulsa en Conectar (dependendo da versión). {{ :es:centro:servizos:vpn:vpnubuntu22_5.png?nolink&400 | O panel en Ubuntu 22.04 }} {{ :centro:servizos:vpn:screenshot_from_2026-01-23_12-28-48.png?nolink&400 | O panel en Ubuntu 24.04}} Para desconectar, de novo ao mesmo lugar e selecciona de novo a VPN ou pulsa Desconectar (dependendo da versiión). ==== Resolución de problemas ==== Se tes problemas para conectar coa VPN, proba estes pasos: - **Importa directamente o ficheiro ``.ovpn``**, e non o ``.zip``. - **Verifica que o teu usuario e contrasinal son correctos** iniciando sesión en https://hub.citius.gal/ - Se estás nunha rede restrinxida (universidade, administración pública, rede corporativa, etc.), **proba desde outra conexión** (por exemplo, datos móbiles ou outra Wi-Fi). Se despois disto segue sen funcionar, axudaranos moito se nos podes facilitar: - A versión de **OpenVPN**, **NetworkManager** e **network-manager-openvpn**. - A saída ao intentar conectar directamente desde terminal, por exemplo: sudo openvpn ~/Downloads/vpn-UDP4-1194-config-2.6.7.ovpn