===== Manual da VPN para Mac OS X 10.8, 10.9 y 10.10 ===== ==== Instalación ==== - Instala a aplicación [[https://code.google.com/p/tunnelblick/|Tunnelblick]]. Para Mac OS X 10.9 e 10.10 é preciso instalar Tunnelblick 3.4 ou superior, ou non funcionará correctamente. {{ :centro:servizos:2-renombrar.png?direct&400 |}} - Descomprime o arquivo ''vpn-UDP4-1194-config.zip'' nun directorio calquera e engade a ese directorio a extensión ''.tblk''. - Abre ese directorio, que agora será recoñecido por Tunnelblick como unha configuración de VPN. - Á pregunta de instalar a configuración para todos os usuarios elixe «Só eu». Introduce o teu usuario e contrasinal do sistema. - No menú de aplicacións, abre Tunnelbrick. - No panel de indicadores, preme na icona de Tunnelbrick e elixe a opción //Detalles de VPN...//. {{ :centro:servizos:15-detalles-vpn2.png?direct&400 |}} - Na configuración, elixe //Usar DNS// no despregable //Establecer DNS/WINS//. - Se a versión de Tunnelblick da a escoller versión de VPN, **escoller a versión 2.4 ou superior**. As versións 2.3.x non serven. ==== Conectarse e desconectarse da VPN ==== - No menú de aplicacións, abre Tunnelbrick se non está aberto xa. - No panel de indicadores, preme na icona de Tunnelbrick e elixe a opción //Conectar vpn-citius//.{{ :centro:servizos:14-detalles-vpn1.png?direct&200 |}} - Introduce o usuario e contrasinal da túa conta do CiTIUS. - Se recibes unha advertencia sobre a dirección IP pública, podes ignorala.{{ :centro:servizos:13-advertencia-post.png?direct&300 |}}