====== Sistema operativo Ubuntu 18.04 CiTIUS ======
Instalación, mantemento e soporte técnico dun sistema operativo Ubuntu 18.04 modificado polos técnicos do CiTIUS.
===== Notificacións e comunicación entre usuarios =====
Para comunicar problemas, dúbidas ou facer suxestións, empregarase a canle ''#ubuntu1804'' do Slack do CiTIUS. O sistema dispón dun applet de notificacións para novidades sobre software, actualizacións, etc.
===== Software dispoñible =====
O sistema conta con varios repositorios adicionais aos da Ubuntu 18.04, co seguinte software xa instalado por defecto:
* Java 8 de Oracle
* Telegram
* Skype
* Virtualbox 5.2
* Xpra
===== Software adicional =====
Podes solicitar a instalación de software adicional ou axuda para instalar software adicional á Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC, pero tamén podes facelo por ti mesmo se queres.
==== OneDrive ====
Podes configurar o acceso ao espazo de OneDrive da universidade de maneira sinxela executando o comando ''onedrive-setup'' e seguindo as instruccións. A configuración montará o teu directorio de OneDrive na carpeta OneDrive dentro do teu directorio home ao iniciar sesión.
Nota: O configurador ''onedrive-setup'' substituirá calquera configuración de ''rclone'' chamada //OneDrive//, polo que se xa estás a usar ''rclone'' recomendamos a configuración manual con ''rclone config''.
==== NVIDIA CUDA ====
Antes de instalar a derradeira versión de CUDA, comproba que a túa gráfica sexa compatible. Se non, pode que precises instalar unha versión anterior.
Segue os pasos descritos en https://developer.nvidia.com/cuda-downloads (Elixe //Linux// -> //x86_64// -> //Ubuntu// -> //18.04// -> //deb (network)//).
Recorda engadir estas liñas a o teu ''~/.bashrc'' (só para o teu usuario) ou nun arquivo global chamado por exemplo ''/etc/profile.d/cuda.sh'':
export PATH=/usr/local/cuda/bin${PATH:+:${PATH}}
export LD_LIBRARY_PATH=/usr/local/cuda/lib64${LD_LIBRARY_PATH:+:${LD_LIBRARY_PATH}}
Tras facer estes pasos, deberás reiniciar o sistema. Se tes problemas, pide axuda.
==== Matlab ====
Para instalar a versión R2018a, executa ''install-matlab_R2018a.sh'' nunha terminal, ou elixe a opción ''Instalación de Matlab 2018a'' no lanzador de aplicacións.
==== Docker ====
Seguir as [[https://docs.docker.com/install/linux/docker-ce/ubuntu/|instruccións para a instalación de docker-ce]] da documentación de Docker.
==== Adobe Reader 9 ====
Non se recomenda utilizar Adobe Reader en Linux, xa que non está mantido dende 2012. Aínda así, se é preciso utilizalo, pódese instalar seguindo [[https://askubuntu.com/a/805399/83068|estas instrucións]]:
# Add Precise partner repository and install adobereader-enu
sudo add-apt-repository "deb http://archive.canonical.com/ precise partner"
sudo apt-get update
sudo apt install adobereader-enu
# Remove Precise partner repository for safety
sudo add-apt-repository -r "deb http://archive.canonical.com/ precise partner"
sudo apt update
# Install optional but recommended packages
sudo apt-get install gtk2-engines-murrine:i386 libcanberra-gtk-module:i386 libatk-adaptor:i386 libgail-common:i386
Por defecto, Adobe Reader 9 non asocia os arquivos PDF e para poder usalo debes primeiro abrir o Adobe Reader e logo abrir o arquivo desexado.
==== Adobe Acrobat X Pro ====
Seguir as [[https://wiki.winehq.org/Ubuntu|instruccións de instalación de Wine 4.0]]:
curl https://dl.winehq.org/wine-builds/winehq.key | sudo apt-key add -
sudo apt-add-repository 'deb https://dl.winehq.org/wine-builds/ubuntu/ bionic main'
sudo apt install winehq-stable
Instalar winetricks para xestionar de forma sinxela os perfís de wine seguindo [[https://wiki.winehq.org/Winetricks#Installing_winetricks|as instruccións da páxina de Winetricks]]:
sudo wget https://raw.githubusercontent.com/Winetricks/winetricks/master/src/winetricks -O /usr/local/bin/winetricks
sudo chmod +x /usr/local/bin/winetricks
Iniciar un perfil de wine para o Adobe Acrobat, para impedir que outras aplicacións de Wine interfiran e configuralo a Windows XP (evita problemas de suavizado de fontes):
winetricks arch=32 prefix=acrobat
WINEPREFIX=~/.local/share/wineprefixes/acrobat winetricks winxp
Descargar o Acrobar X Pro. Descomprimir e iniciar a instalación:
download-acrobatXpro.sh # script que debería estar no PATH
tar xvf acrobatxpro-spanish.tar
cd acrobatxpro-spanish
WINEPREFIX=~/.local/share/wineprefixes/acrobat wine Setup.exe
A instalación dura uns segundos e non xenera ningunha ventá. Tras uns 10-30 segundos remata a instalación e pode atoparse o Adobe Acrobat X Pro no menú de aplicacións.
===== Problemas coñecidos =====