====== Sistema operativo Ubuntu 16.04 CiTIUS ======
Instalación, mantemento e soporte técnico dun sistema operativo Ubuntu 16.04 modificado polo CiTIUS.
===== Notificacións e comunicación entre usuarios =====
Para comunicar problemas, dúbidas ou facer suxestións, empregarase a canle ''#ubuntu1604'' do Slack do CiTIUS. O sistema dispón dun applet de notificacións para novidades sobre software, actualizacións, etc.
===== Software dispoñible =====
O sistema conta con varios repositorios adicionais aos da Ubuntu 16.04, co seguinte software xa instalado por defecto:
* Java 8 de Oracle
* Telegram, Scudcloud (Slack)
* Dropbox
* Skype 4.3
* Virtualbox 5.1
Ademáis, conta cos seguintes repositorios engadidos, sen instalar o software por defecto:
* R (engadido o 19-04-2017)
* Docker (engadido o 01-05-2017)
* Xpra (engadido o 05-03-2018)
===== Software adicional =====
Podes solicitar a instalación de software adicional ou axuda para instalar software adicional á Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC, pero tamén podes facelo por ti mesmo se queres.
==== NVIDIA CUDA 8.0/9.1 ====
Antes de instalar CUDA 8.0/9.1, comproba que a túa gráfica sexa compatible. Se non, pode que precises instalar unha versión anterior.
Segue os pasos descritos en https://developer.nvidia.com/cuda-downloads (Elixe //Linux// -> //x86_64// -> //Ubuntu// -> //16.04// -> //deb (network)//).
Recorda engadir estas liñas a o teu ''~/.bashrc'' (só para o teu usuario) ou nun arquivo global chamado por exemplo ''/etc/profile.d/cuda.sh'':
export PATH=/usr/local/cuda/bin${PATH:+:${PATH}}
export LD_LIBRARY_PATH=/usr/local/cuda/lib64${LD_LIBRARY_PATH:+:${LD_LIBRARY_PATH}}
Tras facer estes pasos, deberás reiniciar o sistema. Se tes problemas, pide axuda.
==== Matlab ====
Para instalar a versión R2012a, executa ''install-matlab_R2012a.sh'' nunha terminal, ou elixe a opción ''Instalación de Matlab 2012a'' no lanzador de aplicacións.
Para instalar a versión R2018a, executa ''install-matlab_R2018a.sh'' nunha terminal, ou elixe a opción ''Instalación de Matlab 2018a'' no lanzador de aplicacións.
==== Maple ====
Para instalar a versión 17, executa ''install-maple17.sh'' nun terminal, ou elixe a opción ''Instalación de Maple 17'' no lanzador de aplicacións.
==== Docker ====
O repositorio oficial xa está engadido, polo que só resta instalar o paquete ''docker-ce''.
sudo apt install docker-ce docker-compose
==== Adobe Reader 9 ====
Non se recomenda utilizar Adobe Reader en Linux, xa que non está mantido dende 2012. Aínda así, se é preciso utilizalo, pódese instalar seguindo [[https://askubuntu.com/a/805399/83068|estas instrucións]]:
# Add Precise partner repository and install adobereader-enu
sudo add-apt-repository "deb http://archive.canonical.com/ precise partner"
sudo apt-get update
sudo apt install adobereader-enu
# Remove Precise partner repository for safety
sudo add-apt-repository -r "deb http://archive.canonical.com/ precise partner"
sudo apt update
# Install optional but recommended packages
sudo apt-get install gtk2-engines-murrine:i386 libcanberra-gtk-module:i386 libatk-adaptor:i386 libgail-common:i386
Por defecto, Adobe Reader 9 non asocia os arquivos PDF e para poder usalo debes primeiro abrir o Adobe Reader e logo abrir o arquivo desexado.
===== Problemas coñecidos =====
**Problema: Non funciona o Wake on Lan**
Se instalaches o escritorio MATE mediante ''ubuntu-mate-desktop'', este inclúe ''tlp'', un xestor de enerxía avanzado para portátiles que, entre otras cousas, deshabilita Wake on Lan. Podes eliminar ''tlp'' ou alternativamente configurar ''/etc/default/tlp'' establecendo ''WOL_DISABLE=N''.