====== Acceso ao clúster e copia de arquivos ====== ===== Acceso ao clúster ===== O acceso dos usuarios ao clúster realízase a través dunha máquina virtual independente denominada //frontend//, cunhas prestacións limitadas e unicamente preparado para xestionar ficheiros e enviar traballos ao sistema de colas do clúster. **Non está permitida a execución de código nesta máquina**. O acceso realízase mediante //ssh// co usuario do CiTIUS. Para poder acceder precisas ter o servizo activado previamente. Comproba que o teñas activado en [[https://citius.usc.es/me]]. ssh -p 1301 usuario_citius@ctcomp2.inv.usc.es # 172.16.242.122 Pódese engadir tamén o argumento ''-X'' para activar a redireción das X e poder executar aplicacións que requiran modo gráfico. ===== Copia de arquivos ===== Os sistemas de ficheiros do clúster son independentes, así que é preciso copiar todos os ficheiros precisos para a execución do programa (por exemplo, o código fonte ou os ficheiros de entrada). Non se realizan copias de seguridade destes directorios, polo que deben pórse a recado os arquivos importantes e **non deixalos almacenados no clúster** por un período prolongado. O usuario dispón dos seguintes directorios para situar os ficheiros relacionados cos seus traballos: * ''/home/local/nome.apelido/''\\ O ''$HOME'' efectivo do usuario e é accesible por todos os nodos e o ''frontend''. Por defecto, será o directorio de referencia nas execucións dos códigos nos nodos computacionais. * ''/sfs/nome.apelido/''\\ Tamén está accesible por todos os nodos e o ''frontend''. Debe empregarse coma espazo auxiliar durante a execución de traballos, para o almacenamento de ficheiros temporais grandes. Para poder utilizarse debe solicitarse a creación dun directorio aos administradores. * ''/scratch/'' \\ Directorio local a cada un dos nodos para o almacenamento temporal local durante a execución dunha tarefa. Non é visible dende o resto de nodos nin dende o frontend. Todos os usuarios poden ler e escribir en calquera parte, polo que se recomenda traballar nun subdirectorio e non no directorio principal. O contido bórrase regularmente. Para copiar arquivos entre o clúster e o equipo do usuario, pódese utilizar o comando ''scp''. scp -P 1301 [-r] Os argumentos deste comando son: * ''-r'' (//opcional//) É un argumento que se emprega cando ''orixe'' é un directorio, e indica que se debe copiar de maneira recorrente o contido do directorio. Se non se especifica este argumento, só se pode copiar arquivo a arquivo. * '''' Indica a ruta completa do ficheiro/directorio que se copiará. * '''' Indica a ruta completa onde queremos situar a copia do ficheiro/directorio. Exemplos: cluster$ scp -P 1301 nome.apelido@ctXXX.inv.usc.es:/datos/work/un.fichero ~/work/ cluster$ scp -P 1301 -r nome.apelido@ctXXX.inv.usc.es:/datos/work/directorio/ ~/work/ equipo$ scp -P 1301 /datos/work/un.fichero nome.apelido@ctcomp2.inv.usc.es:~/work/ equipo$ scp -P 1301 -r /datos/work/directorio/ nome.apelido@ctcomp2.inv.usc.es:~/work/ Alternativamente, dende o equipo do usuario, pódense empregar outros clientes de SFTP como //Winscp// o //Filezilla//.