[[centro:servizos:cloud|>>Páxina principal do Cloud]] ====== Uso responsable do Cloud ====== O cloud pon a disposición dos investigadores unha serie de recursos **limitados**. Disponse dos seguintes recursos: * Espazo de almacenamento primario: 6,5 TB. * Espazo de almacenamento secundario((Aquí almacénanse os persoais e o ISO unicamente)): 2 TB. * Procesamento: 287 Ghz. * Memoria: 300 GB. * Direccións IP en rede de investigación: 100. É **importante que sigas as seguintes recomendacións** para asegurar que os recursos que non precises estean dispoñibles para os demais investigadores. ===== Ao crear unha nova máquina virtual ===== - Elixe un //Compute offering// axeitado ás necesidades que teñas. Para a maioría das aplicacións web, aínda que requiran un certo procesamento, será suficiente o //offering// **Cloud 2**. Podes cambialo máis adiante, así que podes elixir un valor conservador e cambialo mañá se precisas máis. - Só elixe un //Disk offering// se precisas espazo de almacenamento adicional. Ten en conta que este almacenamento engadirase como un disco máis, e precisas configuralo manualmente no sistema operativo para que estea dispoñible. Podes engadir almacenamento máis adiante, así que só elixe un neste momento se estás seguro de que vai ser preciso. - En //Network// elixe unha rede existente, de habela, no canto de crear redes a maiores. Ao crear a túa primeira máquina non terás ningunha rede. Cada rede creada consome un IP na rede de investigación. ===== Ao eliminar unha máquina virtual ===== - As máquinas virtuais non se eliminan realmente até pasadas unhas horas, así que as seguintes operacións non se poderán facer inmediatamente tras eliminalas, senón que haberá que esperar. - Ao eliminarse unha máquina, se era a última máquina dunha rede, a rede non se elimina automaticamente. Debes entrar na apartado //Network// e borrala. - Os discos de almacenamento adicionais tampouco se borran automaticamente. Debes entrar no apartado Storage e borralos. ===== Para máquinas existentes ===== - Se tes máis dunha rede e non estás seguro de por que, é recomendable que empregues unha única rede para deixar dispoñibles o maior número de IPs posibles para que outros poidan utilizalas. Debes engadir todas as máquinas á mesma rede e establecela como rede por defecto. Logo eliminar a rede ou redes que queiras eliminar das máquinas, e finalmente eliminar a rede. Se aínda seguindo todos os pasos recibes un erro borrando a rede, consulta cos sysadmins. - Se tes asignado máis dun disco de almacenamento e non os estás usando, ou tes discos sen asignar no apartado //Storage//, debes eliminalos. - Comproba o //Compute offering// asignado a cada máquina. Se é demasiado alto (5 ou máis) asegúrate de que precisas tanto procesamento e memoria. Proba a reducir o //offering// a un inferior, se é posible. Para poder facer isto, debes apagar antes a máquina.