====== Cloudstack ====== Este servicio ha alcanzado el fin de vida útil. A partir del **31 de mayo de 2021** no será posible crear nuevas máquinas virtuales. En su lugar, se puede utilizar el [[centro:servizos:vps:start|Cloud de servidores virtuais (VPS) - CiTIUS VPS]] ===== Antes de comezar ===== Algunhas consideracións importantes antes de utilizar o cloud. Leas con detemento. * Se se trata dunha máquina para pór en produción, **debes creala dentro dun proxecto** para que máis persoas poidan xestionalas cando ti non esteas. As máquinas que pertenzan a usuarios caducados que non estean en proxectos eliminaranse. * Se se trata dunha máquina para pór en produción e queres que sexa accesible desde o exterior, debes solicitar unha [[https://wiki.citius.usc.es/centro:servizos:proxy_web|redirección no proxy web]]. No caso de que a máquina non estea nun proxecto, tan só poderá solicitarse por **seis meses non prorrogables**. * :!: Bota unha ollada á [[:centro:servizos:cloud:uso_responsable|guía de uso responsable do Cloud]] para ver uns consellos importantes sobre asignación de recursos. * Os usuarios e contrasinais por defecto das máquinas virtuais pódelas atopar na páxina do [[:centro:servizos:cloud:templates|listaxe de plantillas]]. Cámbiaas en canto sexa posible para evitar que outros entren ás túas máquinas. * Por defecto, as máquinas virtuais NON poden acceder ao exterior a través da interface de rede. Revisa o apartado sobre [[:centro:servizos:cloud:configurar_red#configurar_el_trafico_desde_la_vm_hacia_el_exterior|como configurar o tráfico dende a VM ao exterior]]. * **Non se realizan copias de seguridade** das máquinas de forma automática. Podes solicitar copias periódicas (mensualmente) das máquinas pero require o apagado da máquina durante a copia. Tes máis detalles no último apartado desta mesma páxina. * Dende a actualización de agosto de 2017, é posible **redimensionar os discos** ou **seleccionar un tamaño personalizado para o disco root** á hora de crear a máquina virtual. Se cobres este campo ou aumentas o tamaño do disco máis adiante, precisarás [[:centro:servizos:cloud:extender_lvm_de_maquina_virtual_con_espacio libre|estender as particións ao espazo libre existente]]((como alternativa, poderías [[:centro:servizos:cloud:extender_lvm_de_maquina_virtual_con_nuevo_disco|estender as particións empregando un novo disco]] como se facía antes))((Se empregas a plantilla de Windows XP, precisas [[:centro:servizos:cloud:instalar_drivers_virtio_en_windows_xp|instalar os drivers de Virtio]])). * Se usas discos de datos adicionais, precisarás formatalos e engadilos ao sistema manualmente. Os discos non veñen preformatados. ===== Consellos importantes ===== * A consola web é bastante lenta, pero funciona mellor en Google Chrome que en Firefox. Recomendamos usar a consola web só para temas de recuperación e primeiras configuracións. No seu lugar, configura o acceso remoto a través de RDP no caso de Windows e SSH ou VNC no caso de Linux. * Algunhas imaxes de Linux (confirmado que ocorre na //Ubuntu Server 14.04 (Outdated)//) poden **quedar sen espazo en ///boot//** despois duns meses funcionando, ao ter as actualizacións automáticas activadas e non eliminar os kernels antigos. Vixía o espazo libre en ///boot// e, no caso de precisar asistencia para solucionar este problema, avísanos. Este fallo pode facer que as máquinas mesmo **deixen de arrincar** baixo circunstancias normais, aínda que é un problema que se pode solucionar. ===== Envío de correos electrónicos ===== Dende as máquinas virtuais pódense realizar envíos de correos electrónicos usando o SMTP da universidade, pero para iso é **obrigatorio** dar de alta a máquina virtual como servidor rexistrado na universidade. Fala coa Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC (citius.tic@usc.es) para máis detalles. Desaconsellamos **encarecidamente** empregar servidores SMTP externos como Gmail en contornas de produción. ===== Descrición do servizo ===== Apache Cloudstack é un software de código aberto deseñado para implantar e xestionar grandes redes de máquinas virtuais como plataforma de computación na nube con alta dispoñibilidade e escalabilidade de tipo Infraestrutura como Servizo. Isto permite aos investigadores do CiTIUS a creación e administración de máquinas e redes virtuais de maneira autónoma. Máis información na [[ http://cloudstack.apache.org/|páxina do proxecto Cloudstack ]]. ===== Alta e acceso ===== **É preciso solicitar a activación do servizo a través do [[https://citius.usc.es/dashboard/enviar-incidencia|formulario de incidencias]] antes de acceder por primeira vez**. O acceso realízase mediante [[http://cloudstack.citius.usc.es/ |http://cloudstack.citius.usc.es/]]. En caso de ter problemas accedendo a través da VPN, tamén se pode empregar esta dirección: [[http://172.16.242.200/client/]]. As credenciais de acceso son as mesmas que para todos os servizos do CITIUS. O dominio debe deixarse co valor por defecto, ''usuarios''. Unha vez identificado, accédese á páxina principal da interface de Cloudstack: {{ :centro:servizos:cloud:dashboard2.png?direct&500 |}} Para saír hai que seleccionar a opción de //Logout// na parte superior dereita no menú despregable do noso nome de usuario. Pechar sesión globalmente no dominio non afecta á sesión de CloudStack. ===== Tarefas comúns ===== === Guía de uso responsable === Os recursos do cloud son limitados. Por favor, bota unha ollada á [[:centro:servizos:cloud:uso_responsable|guía de uso responsable]] antes de comezar. === Básicas === * [[centro:servizos:cloud:crear_vm|Crear e borrar unha máquina virtual]] * [[centro:servizos:cloud:configurar_red|Configurar a rede]] * [[centro:servizos:cloud:conectarse_a_vm|Conectarse á VM]] * [[centro:servizos:cloud:gestion_vm|Opcións básicas da VM]] * [[centro:servizos:cloud:gestion_discos|Xestión dos discos: engadir máis espazo de disco, etc.]] === Avanzadas === * [[centro:servizos:cloud:proyectos|Traballo en equipo (Crear un proxecto)]] * [[centro:servizos:cloud:crear_templates|Crear unha plantilla (template) a partires dunha máquina virtual]] * [[centro:servizos:cloud:crear_snapshots|Facer snapshots dunha máquina virtual]] * [[centro:servizos:cloud:importar_vbox|Importar unha máquina virtual dende VirtualBox]] === Manual de usuario === * Como referencia, podes consultar o [[http://docs.cloudstack.apache.org/projects/cloudstack-administration/en/4.5/|manual completo de CloudStack]]. ===== Copias de seguridade ===== **Non se realizan copias de seguridade das máquinas virtuais** creadas con CloudStack de xeito automático, polo que aconsellamos tomar as medidas de precaución oportunas en función da natureza da máquina creada. Si **é posible realizar copias de seguridade** das máquinas de forma mensual. Para isto, deben [[https://citius.usc.es/dashboard/enviar-incidencia|solicitarse a través do formulario de incidencias]] indicando, para cada máquina: * O nome da máquina da que se desexa realizar a copia. * O día do mes en que se desexa facer a copia, se hai algunha preferencia. Antes de iniciar a copia, a máquina apagarase se estaba acendida. E, se o estaba, ao rematar volverase a acender. A copia realizarase de madrugada, entre as 3:00 e as 7:00 (a hora exacta estará suxeita á cantidade de traballo pendente). A duración da copia depende do tamaño dos discos e adoita levar entre 10 e 30 minutos. Ten en conta que os servizos requiridos da máquina deben lanzarse automaticamente ao comezo do sistema para que quede todo ben iniciado unha vez termine a copia. Estas copias só poderanse utilizar en caso de desastre (corrupción da máquina virtual, etc.) pero non son en ningún caso unha copia de primeiro acceso.