====== Cluster Big Data 1 ======
==== Descrición do servizo ====
Cluster de experimentación e investigación en Big Data. O obxectivo do cluster é proporcionar unha plataforma hardware axeitada para a tipoloxía de traballos asociada co Big Data cunha configuración que poida mudar flexiblemente, facendo posible investigar e experimentar con ela.
==== Alta no servizo ====
A alta debe solicitarse mediante o [[https://citius.usc.es/dashboard/enviar-incidencia|formulario de peticións e incidencias]]. Para acceder ó formulario precisas usuario e contrasinal do CITIUS.
==== Acceso ====
Unha vez otorgada a alta o acceso faise a través do nodo master que actúa como frontend de todo o cluster:
ssh @master-bd1.inv.usc.es
Para poder acceder á interface de xestión de Ambari, é preciso redirixir o porto 8080 do ''nodo1'' usando SSH. En caso de querer usar a interface de xestión, debe empregarse este comando:
ssh -L 8080:nodo1:8080 @master-bd1.inv.usc.es
==== Uso ====
Para xestionar o cluster dende a interface de Apache Ambari, unha vez conectado por SSH coa opción ''-L 8080:nodo1:8080'', conectarse a http://localhost:8080/
O usuario e contrasinal son ''admin/admin''.
==== Software ====
Dende a consola de Ambari pode xestionarse o seguinte software:
* HDFS 2.7.3
* YARN 2.7.3
* Tez 0.7.0
* Hive 1.2.1000
* Pig 0.16.0
* ZooKeeper 3.4.6
* Storm 1.1.0
* Spark 1.6.3
* Spark2 2.2.0
* Zeppelin Notebook 0.7.3
* Slider 0.92.0
Ademáis na seguinte táboa se indican outros proxectos xestionados por usuarios no cluster:
^ Usuario ^ Software ^ Nodos ^ Notas ^
| David Luaces Cachaza | MongoDB Sharding | Todos | Hasta 12/19 |
| Cesar Piñeiro Pomar | GlusterFS | Todos | |
| Rodrigo Martinez Castaño | Docker | 3 y 4 | |
==== Hardware ====
16 Servidores Dell EMC PowerEdge R730, cada un coa seguinte configuración:
* 2 x Intel Xeon E5-2630 v4 (2,2Ghz 10c)
* 384 GB de RAM: 12 x 32GB RDIMM 2400MT/s
* 32 TB HDD: 8 x 4TB 7.2k SATA 6Gbps en JBOD
* 2 x 10Gb BaseT y 2 x 1Gb BaseT