====== Aloxamento web ======
Este servicio ha alcanzado el fin de vida útil. A partir del **1 de septiembre de 2021** no será posible crear nuevas páginas. En su lugar, se puede utilizar el [[centro:servizos:aloxamento_con_gitlab_pages|servicio de alojamiento con Gitlab Pages]]
===== Descrición do servizo =====
Aloxamento para páxinas web realizadas por investigadores, cubrindo as seguintes áreas:
* **Páxinas persoais**, no dominio ''persoal.citius.usc.es''
* **Páxinas de proxectos**, no dominio ''proxectos.citius.usc.es''
* **Páxinas de eventos**, no dominio ''eventos.citius.usc.es''
O servidor preprocesa o contido empregando PHP 5.3, e ten un servizo de bases de datos MySQL 5.5.
Por defecto asígnanse 100MB de espazo, pero poden solicitarse máis.
PHP está configurado coas seguintes opcións:
disable_functions = exec,passthru,shell_exec,system,proc_open,popen,curl_exec,curl_multi_exec,parse_ini_file,show_source
open_basedir = $HOME/public_html
memory_limit = 196M
post_max_size = 10M
upload_max_filesize = 10M
Están instalados Git, Grunt, Gulp e Node 4.x para facilitar os despregamentos. Se precisas a instalación dalgún software adicional, podes solicitalo.
===== Alta no servizo =====
Debe solicitarse unha nova alta por cada espazo web, mediante o [[https://citius.usc.es/dashboard/enviar-incidencia|formulario de peticións e incidentes]]. Para acceder ó formulario precisas o teu usuario e contrasinal da identificación CiTIUS. Se tes problemas recordando o usuario ou o contrasinal, podes solicitar unha reactivación en [[citius.tic@usc.es]].
No caso de que sexa unha alta para unha web de proxecto ou evento, especifica o nome que queres ter na URL. Tamén podes ter unha URL para páxina persoal distinta do teu nome de usuario, se prefires algo máis curto, coma //nusuario// en vez de //nome.de.usuario// por exemplo.
Especifica tamén se precisas máis espazo de 100MB, e se precisas bases de datos MySQL.
Recibirás os datos de conexión por correo electrónico. Se queres recuperalos, comproba primeiro se aínda conservas un correo co asunto «Alta no servizo "Aloxamento web"».
===== Axuda =====
==== Acceso mediante FTP, SFTP, SSH ====
Os datos de conexión para acceder mediante FTP, SFTP ou SSH e copiar arquivos son os seguintes:
* Servidor: ''172.16.242.48''
* Porto para FTP: ''46021''
* Porto para SFTP, SSH: ''46022''
* Usuario: Segue a forma //nomeespazo.subdominio//. Se a túa páxina está accesible en [[http://eventos.citius.usc.es/waf2012]] o teu nome de usuario será ''waf2012.eventos''.
* Contrasinal: Non se corresponde coa tua contrasinal de identificación CiTIUS. Comproba o correo que recibiches ó dar de alta o espazo. Se perdes o contrasinal podes solicitar un novo no [[https://old.citius.usc.es/uxitic/incidencias/add|formulario de peticións e incidentes]].
Podes conectar de forma gráfica mediante programas adicados ou mediante Ubuntu, accedendo a //Lugares// » //Conectar con el servidor// e introducindo os datos correctos.
==== Bases de datos MySQL ====
Ten en conta que se non solicitaches bases de datos, debes solicitalas se requires utilizalas, xa que por defecto non se crean.
As bases de datos só están accesibles dende o mesmo servidor. Os datos de acceso son os seguintes:
* Usuario: Segue a forma //nomespazo.subdominio//, pero cun límite de 16 caracteres. Se o teu usuario sobrepasa os 16 caracteres, debes introducir ese número de caracteres como máximo. Por exemplo, ''nomeusuario.prox''.
* Contrasinal: O mesmo contrasinal que para o FTP e SSH.
==== Listado da páxina ====
A páxina principal dos tres dominios contén un listado das páxinas que se atopan dentro. Para que a tua páxina apareza listada, debe contar cun arquivo ''info.xml'' válido no directorio principal do teu espazo.
Na túa conta atoparás un arquivo ''info.xml.example'' que debes cubrir e renomear a ''info.xml''. De todas formas, se perdes ou non atopas o arquivo, podes descargalo de aquí:
Título
Subtitulo
info.png
directorio
2020-01-01
==== Permiso de escritura do servidor web ====
O servidor execútase cun usuario que pertence ó mesmo grupo principal dos usuarios do aloxamento. Por defecto, o grupo non ten permiso de escritura, polo que se desexas que o servidor web poida escribir nalgunha localización, terás que darlle permiso de escritura ó grupo de forma manual.
Wordpress fai unha detección incorrecta e non deixa actualizar nin instalar novos plugins, pero pódese [[http://www.viper007bond.com/2009/05/07/wordpress-how-to-force-direct-filewrites-for-upgrades/|amañar manualmente o problema]].