====== Almacenamento remoto (compartido mediante NFS) ====== Este servizo extinguirase en decembro de 2018. Recomendamos o uso de Nextcloud no seu lugar a partires de agora. Os novos usuarios a partires de setembro de 2018 non teñen este servizo activo nas súas contas. ===== Descrición do servizo ===== Almacenamento de arquivos compartido por rede mediante NFSv4. Realízase unha copia de seguridade de todos os datos todas as noites. Existen tres tipos de almacenamento: * Persoal: * Espazo privado, con permisos de lectura e escritura para un único usuario. * 20GB de cota de disco, con posibilidade de ampliación se fora necesario. * Proxectos: * Espazo compartido, privado a un grupo de usuarios fixo que teñen permiso de lectura e escritura. * 30GB de cuota de disco, con posibilidade de ampliación se fose preciso. * Carpetas compartidas: * Similar ós espazos de proxectos, pero xestionable polos propios usuarios a través de Carqueixa. * 7GB de cota de disco por cartafol. * Scratch: * Espazo compartido público a todos os usuarios do centro. * 1TB de espazo total, sen cotas. * Os arquivos de scratch bórranse despois de 24 horas e non se fan copias de seguridade. ===== Alta no servizo ===== A alta no servizo é automática para todos os usuarios do [[:centro:servizos:start#sistemas_operativos|sistema operativo xestionado (Ubuntu)]]. O resto do persoal e colaboradores do centro poden solicitar a alta no [[https://citius.usc.es/dashboard/enviar-incidencia|formulario de peticións e incidentes]]. Se tes problemas recordando o usuario ou o contrasinal, podes solicitar unha reactivación en citius.tic@usc.es. Os cartafoles de proxectos poden solicitarse no [[https://citius.usc.es/dashboard/enviar-incidencia|formulario de peticións e incidentes]] indicando o nome que se quere (só letras e números, sen espazos), a xente que podería acceder e o tamaño requirido, se fose maior de 30GB. ===== Preguntas frecuentes ===== ==== Como se accede a este almacenamento? ==== Pódese acceder de varias formas: * Directamente a través de NFS dende o [[:centro:servizos:start#sistemas_operativos|sistema operativo xestionado (Ubuntu)]]. * A través de SSH, conectándose ó servidor ''172.16.242.41'' como se explica [[:centro:servizos:acceso_o_almacenamento_mediante_smb_e_ssh#acceso_mediante_sftp_ssh|nesta páxina]]. * A través de SMB, conectándose ó servidor ''172.16.242.41'' como se explica [[:centro:servizos:acceso_o_almacenamento_mediante_smb_e_ssh#acceso_mediante_samba_smb_cifs|nesta páxina]]. ==== Pódese acceder a este servizo externamente á rede do centro? ==== Si, pódese acceder de varios xeitos: * Emregando o acceso a través de SMB ou SSH, facendo un túnel SSH coa [[:centro:servizos:pasarela_ssh|pasarela SSH]], ou ben conectado á [[:centro:servizos:vpn:start|VPN]]. * A través da ferramenta web [[https://apps.citius.usc.es/carqueixa/|Carqueixa]].