====== Acceso ó almacenamento mediante SMB e SSH ====== Este servizo extinguirase en decembro de 2018. Recomendamos o uso de Nextcloud no seu lugar a partires de agora. Os novos usuarios a partires de setembro de 2018 non teñen este servizo activo nas súas contas. ===== Descrición do servizo ===== Acceso ó [[:centro:servizos:almacenamento_compartido_mediante_nfs|almacenamento compartido mediante NFS]], a través dos protocolos Samba (CIFS) e SSH (inclúe SFTP). ===== Alta no servizo ===== A alta no servizo é automática para todos os usuarios con acceso ó almacenamento compartido mediante NFS. O nome de usuario e contrasinal son os da identificación CITIUS. Se tes problemas recordando o usuario ou o contrasinal, podes solicitar unha reactivación en citius.tic@usc.es. ===== Axuda ===== ==== Acceso mediante SFTP/SSH ==== Os datos de acceso son os seguintes: * Servidor: ''172.16.242.41'' * Porto: ''22'' Os espazos están accesibles nos seguintes directorios: * Directorios de usuario: ''/homes/nome.de.usuario'' * Directorios de proxectos: ''/proyectos/nome.de.proxecto'' * Directorios compartidos: ''/compartidas/nome.de.usuario.do.propietario/nome.do.cartafol'' * Directorio scratch: ''/scratch'' Exemplos: * ''ssh://172.16.242.41/homes/jorge.suarez'' * ''ssh://172.16.242.41/compartidas/jorge.suarez/fotos'' === Acceso dende Ubuntu === - Abre unha ventá do navegador de arquivos. Accede ó menú ''Arquivo » Conectar co servidor''. - Elixe tipo ''SSH''. Cubre os datos de servidor ''172.16.242.41'', cartafol ''/homes/nome.de.usuario'' e cubre tamén o nome de usuario e o contrasinal. Por último, preme en ''Conectar''. {{ :centro:servizos:ssh1.png?nolink&400 |}} - Para acceder ós directorios de proxectos, usa o cartafol ''/proyectos/nome.de.proxecto'' e para acceder ó scratch usa ''/scratch''. === Acceso dende Windows === Podes facer uso do programa [[http://winscp.net/eng/index.php|WinSCP]] usando os mesmos datos de conexión que en Ubuntu. ==== Acceso mediante Samba/SMB/CIFS ==== Importante: Se non funciona o contrasinal, comproba que podes iniciar sesión neste wiki con ese mesmo contrasinal. Se podes e aínda así segue sen funcionar, debes [[https://old.citius.usc.es/identificacion-citius/cambiar|cambiar o contrasinal]] (os contrasinais establecidos antes de Xullo de 2012 non serven). Os datos de acceso son os seguintes: * Servidor: ''172.16.242.41'' Os espazos están accesibles nos seguintes directorios: * Directorios de usuario: ''nome.de.usuario'' * Directorios de proxectos: ''nome.de.proxecto'' * Directorios compartidos: ''compartidas/nome.de.usuario.do.propietario/nome.do.cartafol'' * Directorio de scratch: ''scratch'' === Acceso dende Ubuntu === - Abre unha ventá do navegador de arquivos. Accede ó menú //Arquivo » Conectar co servidor//. - Cubre o formulario co servidor ''172.16.242.41'' e o dominio ''CITIUS''. Como cartafol, emprega o teu nome de usuario. Cubre tamén o teu nome de usuario e contrasinal. {{ :centro:servizos:vpnlinux_11.png?nolink&400 |}} - Por último pulsa en Conectar. - Para acceder ós directorios de proxectos, introduce o nome de proxecto como carpeta, e para acceder ó scratch introduce ''scratch''. === Acceso dende Windows 7 === - Accede a //Inicio » Equipo » Conectar a unidad de red//. - Cubre o formulario. En //Carpeta// introduce ''\\172.16.242.41\nome.de.usuario'' e pulsa en //Finalizar//. Introduce o contrasinal da conta do CITIUS cando cho pida.{{ :centro:servizos:vpnwindows_07.png?nolink&500 |}} - Para acceder ós directorios de proxectos, introduce ''\\172.16.242.41\nome.de.proxecto'' e para acceder ó scratch introduce ''\\172.16.242.41\scratch''. ===== Preguntas frecuentes ===== ==== Pódese acceder dende fóra da rede do centro? ==== Si, empregando a [[:centro:servizos:pasarela_ssh|pasarela SSH]] ou a [[:centro:servizos:vpn:start|VPN]]. Tes máis información nesas páxinas.