{{ :centro:persoal-colaborador:expresion_interese_colaborador_citius_en.doc |}} ==== Persoal Colaborador ==== Persoal investigador que colabore asiduamente nalgún proxecto ou programa do centro que se adscribirá ao mesmo en base aos criterios e procedementos que a tal fin foron establecidos, e que inclúen un proceso de selección supervisado pola //Comisión Científica Externa//. No caso de persoal colaborador doutras institucións poderanse establecer //convenios ou acordos específicos de colaboración//. O/a director/a científico/a do CiTIUS valorará e, no seu caso, aprobará as solicitudes para ser persoal colaborador do centro. Ditas solicitudes farán constar brevemente as achegas científicas máis relevantes e a proposta de colaboración científica co centro da persoa candidata. O período de colaboración será de dous anos, renovable previo informe favorable da dirección científica do CiTIUS. A persoa beneficiaria da condición de persoal colaborador do CiTIUS deberá obter, de ser o caso, todas as autorizacións que procedan para o seu desempeño como tal por parte dos organismos cos que teña relación laboral e/ou profesional. A colaboración co CiTIUS non supón ningún tipo de vinculación laboral coa USC. A dirección do CiTIUS poderá asignar ao persoal colaborador un espazo de traballo no centro, así como proporcionar acceso ao seu equipamento e infraestruturas científico-técnicas, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento da súa colaboración científica co CiTIUS. O persoal colaborador do CiTIUS poderá facer un uso público de dita condición e poderá reflectir a mesma, previa autorización por parte da dirección do CiTIUS, nas súas contribucións científicas, sen menoscabo de que tamén o faga con outras organizacións, nomeadamente aquelas coas que manteñan unha relación laboral e/ou profesional. As solicitudes enviaranse a [[mailto:citius@usc.es|]] co asunto "solicitude de asociación como persoal colaborador". Formularios para a solicitude de asociación ao CiTIUS como persoal colaborador: ^ Versión Galego ^ Versión inglés ^ | {{ :centro:persoal-colaborador:expresion_interese_colaborador_citius_ga.doc | Formulario Galego}} | {{ :centro:persoal-colaborador:expresion_interese_colaborador_citius_en.doc | Formulario Inglés}} | {{ :centro:persoal-colaborador:regulamento_persoal_colaborador-vf_ga2024.pdf |Regulamento da figura de persoal colaborador}}.