====== Salas de reunións e salón de actos ====== ===== Listado de salas de reunións ===== ^ Nome da sala ^ Localización ^ Aforo ^ Teléfono ^ | Sala de reunións de dirección | Planta baixa | 10 persoas | 16407 | | Sala de reunións 1 | Planta baixa | 10 persoas | 16408 | | Sala de reunións 2 | Primeiro andar | 10 persoas | 16442 | | | Sala de reunións 3 | Segundo andar | 10 persoas | 16472 | | | Salón de actos | Planta baixa | 72 persoas | - | ===== Reserva e acceso ás salas ===== A reserva das salas faise mediante a [[http://apps.citius.usc.es/reservas/|Aplicación de reservas]]. **É obrigatorio facer a reserva dunha sala antes de utilizala**. As reservas da **sala de reunións de dirección** e do **salón de actos** deben ser aprobadas pola secretaría do centro. Márcanse de xeito especial na aplicación de reservas ata que son aprobadas. O acceso realízase coa tarxeta da USC no caso das salas 1, 2 e 3. Só pode abrir estas salas o persoal do centro con contrato coa USC. A porta desbloquéase ó pasar a tarxeta e volve a bloquearse ó pasala unha segunda vez. É responsabilidade de cada investigador/a pechar o acceso a cada sala de reunións unha vez abandone a sala. ===== Uso do equipamento das salas ===== As instruccións de uso do equipamento das salas está en preparación. ===== Conexión de portátiles á rede de datos cableada ===== Podes conectar un portátil á rede de datos cableada usando a roseta situada na mesa central. Debes usar os seguintes datos de conexión, segundo a sala na que te atopes: ^ Nome da sala ^ Dirección IP ^ Máscara de rede ^ Porta de enlace ^ DNS ^ | Sala de reunións de dirección | 172.16.243.170 | 255.255.255.0 | 172.16.243.1 | 193.144.75.9, 193.144.75.12 | | Sala de reunións 1 | 172.16.243.172 | ::: | ::: | ::: | | Sala de reunións 2 | 172.16.243.174 | ::: | ::: | ::: | | Sala de reunións 3 | 172.16.243.176 | ::: | ::: | ::: | | Salón de actos (mesa) | 172.16.243.179, 172.16.243.181 | ::: | ::: | ::: | | Salón de actos (atril) | 172.16.243.182 | ::: | ::: | ::: | ===== Videoconferencia co equipamento das salas de reunións ===== As salas de reunións contan cun equipo que ten conectado unha webcam e un sistema de microfonía. * As webcams están colocadas sobre as pantallas e están directamente colocadas aos PCs das salas. * O sistema de microfonía está baixo a mesa e debe encenderse/apagarse co pulsador que está enriba da mesa. Só é posible usar o sistema de microfonía e a webcam da sala co propio PC da sala. É posible realizar videoconferencias a través de Skype, Zoom, Microsoft Teams e Google Meet. Para outras solucións, consulta primeiro. ===== Conexión de portátiles á pantalla das salas ===== As mesas das salas de reunións teñen unha conexión HDMI conectada á pantalla da sala. Para elexila, cambia a entrada co mando da TV seleccionando "HDMI MESA".