====== Impresoras e Fotocopiadora/Escáner ====== As impresoras só están dispoñibles a través da rede cableada, non da wifi. Se queres acceder ás impresoras a través da wifi, precisas estar conectado á VPN. ===== Listaxe de impresoras a disposición do persoal investigador ===== ^ Nome ^ Modelo ^ IP ^ Localización ^ | **ctprints1**.citius.gal | Xerox VersaLink B400 (b/n) | 192.168.196.148 | Corredor do semisoto | | **ctprint01**.citius.gal | Xerox VersaLink B400 (b/n) | 192.168.196.149 | Corredor da planta baixa | | **ctprint02**.citius.gal | Sharp BP-50C45 (cor, A3, fotocopiadora, escáner) | 192.168.196.150 | Corredor da planta baixa | | **ctprint03**.citius.gal | Xerox VersaLink C405 (cor) | 192.168.196.153 | Secretaría | | **ctprint11**.citius.gal | Xerox VersaLink B400 (b/n) | 192.168.196.151 | Corredor do primeiro andar | | **ctprint21**.citius.gal | Xerox VersaLink B400 (b/n) | 192.168.196.152 | Corredor do segundo andar | ===== Impresión en cor e A3 ===== A impresora na que os investigadores deben imprimir en cor ou en A3 é a **ctprint02**.citius.gal (fotocopiadora do corredor da planta baixa). Tamén se pode imprimir en cor en **ctprint03**.citius.gal. ===== Bandexas e papel ===== ==== Xerox VersaLink B400 ==== [{{ :centro:instalacions:b400.jpg?200|Impresora Xerox VersaLink B400}}] As bandexas están configuradas do seguinte xeito: * Bandexa 1: Papel branco * Bandexa 2: Papel reciclado A bandexa por defecto é a 1, polo que, se non se selecciona a bandexa, a impresora imprimirá empregando papel branco. Se se desexa imprimir en papel reciclado, compre seleccionar a bandexa 2 ou o tipo de papel. No armario hai dispoñible papel branco e reciclado. No caso de rematarse, os investigadores poden pedir que se repoña en portería. ==== Xerox VersaLink C405 ==== As bandexas están configuradas do seguinte xeito: * Bandexa 1: Papel branco * Bandexa 2: Papel reciclado ==== Sharp BP-50C45 ==== As bandexas están configuradas do seguinte xeito: * Bandexa 1: Papel branco A4 * Bandexa 2: Papel branco A3 ===== Cambio de tóner ===== A impresoras avisan que o tóner estase a esgotar cando aínda pode imprimir unhas 200 páxinas. O tóner cambiarase cando a impresora comece a presentar impresións de baixa calidade, e non cando a impresora presente o aviso. Para cambiar o tóner, débese avisar á Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC a través do [[https://gitlab.citius.gal/citius/issues/-/issues/new/enviar-incidencia|formulario de incidencias]]. ===== Instrucións da Fotocopiadora/Escáner ===== //Por preparar.// ===== Drivers e instalación ===== ==== Windows 11 ==== No diálogo de engadir impresoras, elixe a opción para engadir manualmente. Despois, //Engadir unha impresora co enderezo IP ou un nome de host//. Elexir tipo de dispositivo //Dispositivo IPP// e como nome de host poñer o nome completo da impresora, por exemplo ''ctprint01.citius.gal'' para a impresora b/n do corredor da planta baixa, e continuar cos pasos. === Alternativa para as impresoras Xerox === Pode usarse a ferramenta Xerox Smart Start que podes atopar [[https://www.support.xerox.com/es-es/product/versalink-b400/downloads|nesta ligazón]]. === Alternativa para a fotocopiadora Sharp === Pode usarse a ferramenta de instalación de Sharp que podes atopar [[https://global.sharp/restricted/print/select_os.html?view=6&lang=6&pid=454®ion=8&cid=1|nesta ligazón]]. ==== Ubuntu, MacOS X e outros sistemas ==== === Impresoras Xerox === Para sistemas que utilizan CUPS, é recomendable utilizar os seguintes arquivos PPD: * {{ :centro:instalacions:xrxb400.ppd |Xerox VersaLink B400}} * {{ :centro:instalacions:xrxc405.ppd |Xerox VersaLink C405}} === Fotocopiadora Sharp === Para sistemas que utilizan CUPS, é recomendable utilizar o seguinte arquivo PPD: * {{ :centro:instalacions:sharp-bp-50c45-ps.ppd | Sharp BP-50C45}}