====== Cociña ====== ====Consumibles (tódolos usuarios)==== Tódolos usuarios da cociña deben contribuír no gasto de consumibles como deterxente para o lavalouzas, servilletas, panos, etc. Se queres facer uso da cociña, contacta coa secretaría. Pasarás a formar parte dun grupo de correos e informáremoste cando sexa necesario aboar un Euro para cubrir estes gastos. ====Lixo==== É moi sinxelo, colabora! * ORGÁNICO: Non se poden deixar residuos orgánicos na cociña, en ningunha papeleira. Por favor, lévate os teus residuos orgánicos e deposítaos nos colectores no exterior do edificio. * INORGÁNICO (envases, plásticos, latas, cápsulas, panos de cociña...):Na papelera que está debaixo do fregadeiro pódense votar os residuos máis pequenos inorgánicos (cápsulas, panos de cociña etc.) Non se debe usar para residuos grandes (tuppers, botellas etc.) Ao carón da papeleira hai bolsas de lixo. Non se debe tirar á papeleira ningún residuo sen poñer (no caso de que non haxa) unha bolsa. ====Limpeza==== Cada usuario é responsable de limpar a mesa e a encimeira despois de cada uso. Na encimeira hai líquido limpador e rolo de papel. Este papel debe tirarse na papeleira branca. Hai panos baixo o vertedeiro. Lembrade que os fins de semana non hai servizo de limpeza. Se alguén usa a cociña o fin de semana, debe responsabilizarse de tirar no contedor todos os residuos que xenere. Non deixedes nada na papeleira. ====Electrodomésticos==== * __Cafeteiras, quentador de auga, microondas...__ O uso destes aparellos é libre. Só se pode quentar auga no quentador, non leite. Colabora na súa limpeza! As cafeteiras non poden quedar acesas. Lembrade apagalas despois de cada uso. Non é a primeira vez que quedan acendidas e sobrequéntanse. Recordade tamén tirar as cápsulas do café á papeleira que hai debaixo do fregadeiro. * __Lavalouzas__ Evita lavar a man e úsao. A programación do lavalouzas é tan sinxela como: - Acender o electrodoméstico. - Poñer no oco a pastilla de xabón. - (Opcional) Indicar a hora diferida (3, 6 ou 9 horas). - Deixar o modo "eco" (por defecto). - IMPORTANTE: Premer o botón Start. - IMPORTANTE: Pechar a porta (con ganas ata escoitar un “CLIC”, que se queda mal pechada non empeza o programa). IMPORTANTE: O lavalouzas programarase para polo en funcionamento todas as noites e a primeira persoa que faga uso da cociña pola mañá, debe baleirar o seu contido. Está prohibido deixar utensilios sucios no fregadeiro, debe meterse sempre no lavalouzas, comprobando antes que se baleirou todo o que estaba limpo. ====Armarios e neveira==== Distintos grupos que fan uso da cociña foron gardando nos armarios e nas neveiras cousas como café, azúcar, té, leite... e organízanse entre eles para a súa compra, ás veces de forma individual. Tamén se poden atopar tuppers de comida na neveira. __Se queres empregar as alacenas e/ou a neveira busca un espazo e encárgate de mantelo limpo e de que ningún alimento estea en mal estado.__ Se non atopas un sitio, fala cos usuarios habituais da cociña. Na alacena sobre o fregadeiro podes atopar menaxe de cociña do centro para o uso de todos nós. A cubertería atópase nun caixón baixo as cafeteras. O resto de tazas e pezas son de uso particular, podes traer o que necesites e buscarlle un oco. IMPORTANTE: na cociña hai un rotulador (no estante dos vasos) para rotular a data de apertura nos cartóns de leite, zumo, etc. Evita que caduquen, se os abandoas serán retirados.