===== CONTRATACIÓNS ===== ===== Resumo do proceso de contratacións ===== Cada investigador/a interesado/a en facer unha contratación debe dirixirse ao persoal de xestión do centro encargado da xestión de convocatorias, quen lle pode asesorar no proceso de selección de tipo de contrato A seguinte imaxe resume o proceso de contratación: ** INSPIRARSE NESTA IMAXE EXPLICANDO O PROCESO** {{:centro:empleo:procesocontratacion.png?1000|}} A xestión do proceso da convocatoria, farase empregando [[https://sateco.app.citius.gal/login?redirect=%2F|Sateco]] - **Investigador/a:** Proposta de contratación a través de Sateco - Enviar praza, elixindo o tipo de praza. Envío para validación (ver sección ENLACE) - **KMT:** Revisión da proposta de contratación. Validación da mesma ou suxestións de cambios. - **KMT:** Xeración da proposta de retención de crédito, e envío a investigador/a. - **Investigador/a:** Sinatura da proposta de retención de crédito. - **KMT:** Tramitación das retencións de crédito, e informes correspondentes (circunstancias da produción) - **KMT:** Publicación da convocatoria. - **KMT:** Revisión de candidaturas e publicación da lista de admitidos provisionais. (Apertura do prazo de emendas) - **KMT:** Revisión de solicitudes de emendas e publicación da lista de admitidos definitiva. (Tramitación de Declaración de Ausencia de Conflictos de interese, cando corresponda) - **Investigadores/as:** Avaliación de candidaturas, empregando Sateco. - **KMT:** Validación das actas. Envío á Comisión de selección a través do portasinaturas da USC. - **KMT:** Proposta de selección das Comisións. Envío á presidencia das Comisións a través do portasinaturas. - **KMT:** Proposta de concesión, asinada pola Dirección - **KMT:** Publicación das propostas de selección e de concesión. - **USC:** Propostas de contratación e sinatura dos contratos. A seguinte táboa amosa os tempos estimados do proceso: ^ Fase ^ Convocatoria Ordinaria ^ Convocatoria Urxente ^ | Solicitude | 5 días hábiles | 3 días hábiles | | Publicación lista prov | 3 días hábiles | 3 días hábiles | | Enmendas | 2 días hábiles | 2 días hábiles | | Publicación lista def | 3 días hábiles | 3 días hábiles | | Publicación proposta contratación | 3 días hábiles | 3 días hábiles | | Recurso reposición | 1 mes | 1 mes | | Recurso contencioso-administrativo | 2 meses | 2 meses| ===== Principios Xerais ===== A selección do persoal garantirá os principios constitucionais de igualdade, publicidade, mérito e capacidade, e realizarase mediante convocatoria pública, de forma que permita un desenvolvemento profesional transparente, aberto, competitivo e baseado en normas preestablecidas e públicas, e comparables a nivel internacional. ^ Principios dos procesos de contratación ^ | Transparencia en todo o proceso | | Imparcialidade, idoneidade, profesionalidade e responsabilidade dos membros dos órganos de selección | | Independencia e discrecionalidade baseadas exclusivamente en criterios técnicos na actuación dos órganos de selección | | Adecuación entre o proceso selectivo e as funcións ou tarefas a desenvolver | | Outros criterios e principios xerais establecidos no Estatuto Básico do Empregado Público e na Lei da ciencia, así como, nos convenios colectivos aplicables ao persoal laboral e na súa normativa de desenvolvemento, en particular os referidos á igualdade de oportunidades e á tendencia á paridade nos órganos de selección | ===== Contratos ===== Existen dúas modalidades de contratos, //temporais// e //indefinidos//. {{:centro:empleo:contratostemporalesindefinidos.png?1000|}} Para __propoñer unha contratación indefinida__ é necesario a __creación e aprobación dunha liña asociada a contratación nun Programa Integrado__. A creación da liña é un proceso que pode levar arredor dunha semana. O persoal de recursos humanos do CiTIUS pode asistir no proceso (citius.rrhh@usc.gal). Os **salarios** asociados aos diferentes tipos de contratacións poden consultarse na seguinte [[https://www.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/moreinfo/2026-04/retribucions_pi_pai_2026_web.pdf|ligazón]]. A [[https://imaisd.usc.es/ferramentas/calculadora/calculadoracontratos.asp|calculadora de contratos da USC]] permite calcular os custos asociados os diferentes tipos de contratos de persoal. A continuación enumeramos os diferentes tipos de contratos segundo as **Categorías de Persoal:** (detalles a continuación da táboa) {{:centro:empleo:categoriaslab_taboa.png?600|}} ==== 1) PERSOAL INVESTIGADOR EN INICIACIÓN ==== === 1.1) Persoal investigador en iniciación (Inicio á investigación) === O persoal investigador en iniciación realizará funcións investigadoras que lle permitan obter a práctica profesional investigadora adecuada ao nivel de estudos ou de formación obxecto do contrato, previa á etapa de doutoramento. A persoa investigadora principal deberá elaborar un plan formativo individual no que se especifique o contido da práctica profesional, e asignará titor/a que conte con formación e experiencia adecuadas para o seguimento do plan e o correcto cumprimento do obxecto do contrato. Á finalización do contrato a persoa terá dereito a unha certificación da práctica realizada. __Titulación requerida__: Licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao ou equivalente. + Ter finalizado os estudos de grao dentro dos tres anos previos á data de inicio do contrato ou cinco anos no caso de persoas con discapacidade. + Non ter experiencia profesional na USC no ámbito da investigación por tempo superior a 3 meses nin noutro centro, baixo esta modalidade contractual por tempo superior a un ano. O contrato será de duración determinada e a tempo completo ou parcial. A retribución correspóndese co SMI (no 2026: 1.237,84 €)[Retribución bruta anual: 17.329,76 € ]. No suposto de dedicación a tempo parcial, esta será do 50% ou do 75% da xornada que estea establecida como dedicación completa (35h/semanais). A duración do contrato poderá ser, será como mínimo de 6 meses e como máximo de 12 meses. Só admite unha prórroga de 6 meses (6 meses + 6 meses). Se o contrato inicial é dun número de meses superior a 6, non se poderá prorrogar. :!: A matrícula nun programa de doutoramento, supón a extinción deste contrato. Pódense ver a continuación as condicións salariais deste persoal: {{:centro:empleo:salarioinvestigadorinicio.png?1400|}} ====2) PERSOAL PREDOUTORAL EN FORMACIÓN ==== === 2.1)Persoal investigador predoutoral en formación=== __Titulación requerida__: Licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao de polo menos 300 créditos ECTS (European Credit Transfer System) ou inferior a 300 ECTS con máster universitario, ou equivalente. As persoas solicitantes deberán estar admitidas nun programa de doutoramento concreto. A dedicación será a tempo completo. A retribución aumenta en función do ano de contrato (no 2026): - 1º e 2º ano: 1.357,66 € [Retribución bruta anual: 19.007,24 € ] - 3º ano: 1.454,64 € [Retribución bruta anual: 20.364,96 € ] - 4º ano: 1.818,29 € [Retribución bruta anual: 25.456,06 € ] Este contrato poderá incluir os seguintes complementos: * **Complemento de obxectivos:** retribúe o cumprimento de determinados obxectivos establecidos previamente. Requiere de informe previo de proposta e informe final de cumprimento. Poden facerse efectivos trimestralmente, semestralmente ou anualmente. Límite máximo: 40% da retribución bruta anual. ====3) PERSOAL INVESTIGADOR==== === 3.1) Persoal investigador colaborador === As funcións do persoal colaborador consistirán na realización de tarefas de investigación no marco de proxectos específicos de investigación e a súa clasificación realizarase en función dos criterios de formación e experiencia acreditada para o posto. __Titulación requerida__: Licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao ou equivalente. A dedicación poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, neste último suposto será do 25%, 50% ou 75% da xornada que estea establecida como dedicación completa. Retribución a tempo completo (no 2026): 1.799,22 €. [Retribución bruta anual: 25.189,08 € ] Este contrato poderá incluir os seguintes complementos: * **Complemento de proxecto:** Este complemento é de carácter persoal e esta ligado ás características da convocatoria do proxecto que financie o contrato e as súas condicións retributivas, sempre que a convocatoria permita unha retribución superior á que corresponde ao persoal investigador asociado establecido pola USC. * **Complemento de obxectivos:** retribúe o cumprimento de determinados obxectivos establecidos previamente. Requiere de informe previo de proposta e informe final de cumprimento. Poden facerse efectivos trimestralmente, semestralmente ou anualmente. Límite máximo: 40% da retribución bruta anual. A relación poderá formalizarse segundo as seguintes casuísticas: * **Réxime laboral e por circunstancias da produción:** a duración do contrato poderá ser, como máximo, de 1 ano (se é de menos tempo, pode facerse unha única prórroga, como máximo ata os 12 meses) * **Asociado á execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia:** o contrato poderá durar ata o fin do financiamento. * **Contratación Indefinida** caso para o cal será necesaria a creación e aprobación dunha liña nun Programa Integrado (ver sección anterior) ===3.2 Persoal investigador postdoutoral ==== Contémplanse as seguintes categorías de investigadores postdoutorais: * **Persoal investigador posdoutoral - modalidade de acceso** segundo a lei da ciencia, pendente de articular por parte da USC.:!: * **Persoal investigador posdoutoral – modalidade de consolidación** segundo a lei da ciencia, pendente de articular por parte da USC.:!: * **__Persoal investigador asociado.__** -> ✔ a modalide empregada para contratar persoal investigador con título de doutoramento nas convocatorias de persoal do CiTIUS. FIXME FUNCIONS __Titulación requerida__: Doutoramento. A dedicación poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, neste último suposto será do 25%, 50% ou 75% da xornada que estea establecida como dedicación completa. Retribución a tempo completo (no 2026): 2.367,10 €. [Retribución bruta anual: 33.139,4 € ] //Información sobre complementos, así como duración e circunstancias que permiten este tipo de contrato -> consultar o apartado anterior, 3.1) Inv. Colaborador/a (son as mesmas)// ==== 4) PERSOAL DE APOIO Á INVESTIGACIÓN ==== Poderase contratar persoal de apoio á investigación, con financiamento alleo ou propio no marco de plans e proxectos de l+D. No suposto de que a relación se formalice en réxime laboral e por circunstancias da produción a duración do contrato poderá ser, como máximo, de 1 ano. A duración poderá ser indefinida no suposto de execución de plans e programas públicos de investigación científica e técnica ou de innovación. Existen as seguintes categorías de persoal de apoio a investigación: ===4.1) Persoal técnico superior de investigación === FIXME FUNCIONS __Titulación requerida__: Grao, licenciatura, enxeñaría arquitectura ou equivalentes A dedicación poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, neste último suposto será do 25%, 50% ou 75% da xornada que estea establecida como dedicación completa. Retribución a tempo completo (no 2026): 2.795,98 €. [Retribución bruta anual: 39.143,72 € ] Este contrato poderá incluir os seguintes complementos: ===4.2) Persoal técnico superior de xestión=== FIXME FUNCIONS Aquel persoal cualificado que realiza tarefas de apoio relacionadas coa xestión da I+D, tales como a planificación, a información ou o asesoramento sobre protección de resultados. __Titulación requerida__: Grao, licenciatura, enxeñaría arquitectura ou equivalentes A dedicación poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, neste último suposto será do 25%, 50% ou 75% da xornada que estea establecida como dedicación completa. Retribución a tempo completo (no 2026): 2.795,98 €. [Retribución bruta anual: 39.143,72 € ] ===4.3)Persoal técnico de grao medio de investigación=== FIXME FUNCIONS __Titulación requerida__: Diplomatura, arquitectura técnica, enxeñaría técnica ou equivalentes A dedicación poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, neste último suposto será do 25%, 50% ou 75% da xornada que estea establecida como dedicación completa. Retribución a tempo completo (no 2026): 2.308,39 €. [Retribución bruta anual: 32.317,46 € ] ===4.4)Persoal técnico especialista de investigación=== FIXME FUNCIONS __Titulación requerida__: Bacherel ou técnico, bacherelato unificado polivalente, FP II, FP grao superior, ciclo formativo de grao medio, ou equivalentes A dedicación poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, neste último suposto será do 25%, 50% ou 75% da xornada que estea establecida como dedicación completa. Retribución a tempo completo (no 2026): 2.183,41 €. [Retribución bruta anual: 30.567,74 € ] =====Propostas de contratacións ===== A proposta de contratación incluirá, de forma xeral, a seguinte informacion: ^ Campo ^ Descrición ^ | Número de prazas ofertadas | 1 ou máis prazas | | Tipo de persoal investigador | Asociado, colaborador, iniciación, predoutorais, persoal de apoio á investigación , indefinido | | Porcentaxe de adicación | Tempo Completo, 75%, 50%, 25% | | Datas | Data prevista de inicio/ Data prevista de fin | | Retribucións | Retribución, complementos de dedicación, proxecto ou obxectivos | | Traballo a realizar | Descrición do traballo a realizar | | Funcións a realizar | Enumeración das funcións a realizar | | Horario | Horario de traballo | | Centro de traballo | En xeral o CiTIUS, pero podería ser outro centro da USC | | Comisión de selección | Como mínimo tres membros a proposta do investigador principal: Presidente , Secretario, Vogal. **Principio de Paridade** | | Méritos a avaliar | Que se describen na seguinte subsección | A unidade de RRHH do CiTIUS realizará as seguintes verificacións: ^ Verificación ^ | Adecuación do tipo de contrato ás necesidades definidas polo IP | | Duración da actividade orzamentaria cubrindo a duración do contrato | | Adecuación da retribución proposta ás características do tipo de contrato | | Solicitude dos informes correspondentes | Para os contratos por necesidades da produción é necesario o visto bo, asinado ou dada conformidade por correo electrónico, do responsable designado do equipo de xestión de RRHH do CiTIUS. ==== Méritos de avaliación ==== Os méritos a avaliar divídense en dúas categorías: **méritos xerais** e **méritos específicos** Os **méritos xerais** deben representar entre **30 e 40 puntos** da puntuación total. O seu obxecto e **adecuar o mérito de titulación á titulación esixida** como requisito. Inclúense aquí: ^ Méritos xerais ^ Consideracións ^ | Titulacións | O **maior peso das puntuacións** debe ser da titulación esixida | | | Grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría ou equivalentes: Puntos en grao ou licenciatura maior que en doutoramento ou mestrado | | | Doutoramento: Puntos en grao ou licenciatura menor ou igual que puntos en doutoramento | | Expediente académico | Pode incluir un mínimo, ou a baremación que se utilizará | | Experiencia laboral acreditable | Experiencia profesional acreditada en universidades, organismos públicos ou empresas privadas) | | Idiomas estranxeiros | Non se acepta "coñecementos en..." Ten que tratarse dunha certificación de nivel | | Lingua galega | | | Carné de conducir | | Os **méritos específicos** contribúen con entre **60 e 70 puntos** a puntuación total. Inclúense aquí: ^ Méritos específicos ^ Consideracións ^ | Experiencia laboral acreditable | experiencia específica nun ámbito determinado | | Formación específica acreditable | formación específica nun ámbito determinado | | Publicacións científicas | | | Participación e asistencia a congresos | | | Estadías de investigación | | | Cartas de referencia | | | Entrevista opcional | máximo 25 puntos. Pódese establecer un umbral | Debe terse en conta que **termos como coñecementos ou habilidades** son méritos dificilmente baremables. No caso dos **contratos predoutorais** e os **contratos de iniciación** o esquema de méritos sería: ^ Tipo de contrato ^ Nota media do expediente académico de grao e mestrado ^ CV/Formación Acreditable ^ Entrevista persoal ^ | Contrato predoutoral | 40 puntos | CV: 35 puntos | 25 puntos | | Contrato de iniciación | 40 puntos | Formación acreditable: 35 puntos | 25 puntos | ==== Solicitude de publicación dunha praza na convocatoria==== O envío da proposta de praza a publicar farase empregando [[https://sateco.app.citius.gal/prazas-enviadas/nova|SATECO]]. Desde o menú de "enviar praza", seleccionando o tipo de praza e cubrindo toda a información necesaria. Esa proposta será revisada, e unha vez validada, será enviado o documento de proposta de praza ao persoal investigador responsable da actividade, para a sinatura. Co conxunto de prazas enviadas, preparase a convocatoria de contratación. No caso de que sexa Ordinaria o prazo de presentación para as persoas é de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación, no caso da Urxente, 3 días. ===== Publicidade e difusión ===== A publicación das convocatorias realizarase como mínimo no [[https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm|Taboleiro Electrónico]] da Universidade e na sección de [[https://citius.gal/es/talent/job-offers/|talento da web do CiTIUS]]. Para o suposto de prazas de persoal investigador asociado de máis dun ano ou contratos asociados a proxectos europeos publicaranse en EURAXESS ou outro portal que se considere adecuados para a internacionalización do proceso. === Recepción e aceptación de candidaturas === Aberto o procedemento, as persoas aspirantes presentan a súa candidatura a través da sede electrónica da USC. Cada centro, a través do seu xestor de centro habilitado, ten acceso ás candidaturas segundo a súa convocatoria/as aberta/as: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/CITIUS_contratacion.htm https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/CITIUS_emendacontratacion.htm ===== Avaliación de candidatos===== As comisións de selección constituídas en xuntanza presencial ou en remoto elevarán unha acta da mesma onde se recollerán por orde as persoas seleccionadas segundo a puntuación e a motivación de cada unha delas. Os membros da comisión de selección recibirán un correo electrónico coa ligazón á praza correspondente en SATECO, onde terán dispoñible toda a información para realizar a avaliación dos candidatos. O resultado final do proceso en SATECO será a acta, sendo estes os seguintes pasos ata xerala: 1) **__Sesión 1__**. Cumprimentación de criterios e valoración dos diferentes méritos das candidatas, indicando cales pasan á fase de entrevista. É importante deixar recollido de xeito detallado, obxectivo e claro na acta a xustificación das valoracións e puntuacións realizadas a cada candidato. Unha vez realizado, envíase a validación polo persoal de xestión, que o aprobará (habilitando a seguinte fase do proceso) ou solicitará correccións. 2) **__Comunicación a candidatas__**. A comisión de selección **é responsable** de comunicar os diferentes candidatos o **resultado do proceso de avaliación**. Habilitarase aferramenta, onde se xeran uns modelos de correos a enviar a todos os candidatos do proceso selectivo. No caso dos candidatos que pasen á entrevista, poderase incluir xa a data e hora da entrevista, así como a ligazón no caso de facerse por Teams. Unha vez marcada como realizada esta parte, pódese acceder á seguinte. 3) **__Sesión 2__**. Aquí realízase a avaliación do mérito de entrevista, e indícase o resultado do proceso selectivo. Pode haber persoas propostas, e tamén persoas en lista de agarda, ou a xustificación no caso de quedar deserta. A xustificación dos méritos será validada polo persoal de xestión, e unha vez validada, será remitida a acta aos membros da Comisión de selección a través do [[https://aplicacions.usc.es/eadmin/sinatura/portasinaturas/recibidos.htm|portasinaturas coporativo da USC]] ===== Resolución e contratación ===== A convocatoria poderá resolverse de maneira conxunta, mediante unha única resolución coa totalidade das prazas convocadas, ou de maneira parcial, mediante a incorporación progresiva das actas conforme se vaian recibindo. Neste último caso, procurarase publicar dúas resolucións semanais. Para tramitar a contratación das persoas seleccionadas, deberán publicarse no taboleiro electrónico os seguintes documentos: - __Proposta de selección das Comisións de selección__. Neste documento inclúese as persoas seleccionadas e a puntuación de todas as candidatas das prazas incluídas na proposta, e deberá ser asinado polas presidencias das respectivas comisións de selección. - __Resolución de selección__. Unha vez asinada a proposta anterior, a dirección do centro procederá á sinatura da correspondente resolución de selección. Os documentos publicaranse na sede electrónica da USC, así como na páxina web do CiTIUS correspondente á oferta. Unha vez emitida pola dirección do centro a resolución, remitirase o expediente completo da convocatoria á Subárea de Convocatorias e Programas de Recursos Humanos de I+D da USC. A partir dese momento, o Servizo de Persoal porase en contacto nos días seguintes, coa persoa seleccionada para formalizar o contrato.