===== Fotos e vídeos ===== Unha das tarefas da Unidade de Comunicación e Proxección pública consiste na creación e coordinación de material audiovisual relacionado coa actividade do centro. Isto inclúe tanto a produción de vídeos como a cobertura fotográfica dos eventos celebrados no CiTIUS, así como a realización de fotografías institucionais do persoal investigador. A unidade encárgase tamén da organización de sesións fotográficas con estudos externos cando é necesario (por exemplo, para renovación de perfís institucionais, campañas específicas ou materiais corporativos), ademais da toma de imaxes baixo demanda en casos concretos vinculados a proxectos, premios, comunicación científica ou necesidades de difusión específicas. No caso dos vídeos, estes teñen un espazo propio na web pública onde poden ser consultados. A continuación, enuméranse as seccións nas que está dividida a [[https://citius.gal/gl/videos/|Videoteca]] da web: ^ Tipoloxía ^ Descrición ^ | [[https://citius.gal/gl/videos/category/meetourprojects/|Proxectos en curso (#meetourprojects)]] | Neste apartado publícanse vídeos en inglés que presentan proxectos de investigación H2020 ou Horizon Europe desenvolvidos no CiTIUS. | | [[https://citius.gal/gl/videos/category/latest-events/|Últimos eventos]] | Esta sección recolle as gravacións dos eventos públicos máis recentes celebrados no centro. Para ver eventos anteriores, pódese consultar a sección de [[https://citius.gal/gl/videos/archive/|histórico]]. | | [[https://citius.gal/gl/videos/category/equality/|Igualdade]] | Inclúe todos aqueles vídeos que compartan unha perspectiva de xénero, poñendo en valor o papel da muller no eido científico e, máis especificamente, nas áreas STEM (//Science, Technology, Engineering, Mathematics//). | | [[https://citius.gal/gl/videos/category/podcasts/|Podcasts]] | Todos os podcasts producidos polo centro pódense consultar neste apartado. Os distintos episodios, conducidos por persoal investigador do CiTIUS, contan con convidados/as externos/as que sobresaen en diversas contornas sociais. | | [[https://citius.gal/gl/videos/category/outreach/|Divulgación]] | Nesta categoría amósase a maior variedade da Videoteca. Inclúese aquí unha ampla gama de pezas audiovisuais destinadas a divulgar a actividade investigadora do centro, a través de vídeos relacionados con proxectos, entregas de premios ou eventos de divulgación. | Estas categorías están suxeitas a posibles modificacións en función da actualidade informativa do CiTIUS. A súa evolución dependerá do contexto, podendo ser substituídas por categorías novas ou, chegado o caso, coexistir con categorías adicionais. O obxectivo é reforzar o labor de divulgación que mellor corresponda en cada momento, segundo recomenden as circunstancias. O histórico de todos os vídeos publicados polo CiTIUS desde a súa creación no ano 2012 pódese consultar na [[https://youtube.com/@citiususc|canle oficial do centro en Youtube]]. Para acceder ao histórico completo de vídeos do centro (incluíndo aqueles de carácter interno, restrinxidos ao persoal), debes solicitar acceso á [[http://s.citius.gal/formacioncitius|canle de Formación CiTIUS en Microsoft Teams]].