==== Comunicación ==== A comunicación é unha ferramenta estratéxica para reforzar a visibilidade, o posicionamento e o impacto social do CiTIUS. Neste espazo recompílase a información, os servizos e os recursos dispoñibles para apoiar ao persoal investigador e ás unidades do centro na súa actividade comunicativa, así como para garantir unha imaxe institucional coherente e recoñecible. ===== Unidade de Comunicación e Proxección pública ===== A Unidade de Comunicación e Proxección pública do CiTIUS forma parte das Unidades de Apoio á Investigación do centro. A súa función é xestionar e coordinar a difusión dos principais eventos, achados e avances desenvolvidos polo persoal investigador, valéndose de diferentes ferramentas e canles de comunicación. Entre as súas tarefas habituais inclúense a cobertura audiovisual de actividades, a coordinación da comunicación externa e o apoio á comunicación interna do centro. Para calquera consulta relacionada coa comunicación do teu traballo, podes contactar coa unidade a través do correo electrónico [[mailto:citius.press@usc.es|citius.press@usc.es]] ===== Comunicación externa ===== === Difusión de resultados === * [[centro:comunicacion:web_publica|Web Pública]] * [[centro:comunicacion:redes_sociais|Accións en Redes Sociais]] * [[centro:comunicacion:consellos_recomendacions|Consellos e Recomendacións]] === Identidade visual e materiais de apoio === * [[centro:comunicacion:identidade|Manual de identidade, logotipos oficiais e tipografía corporativa]] * [[centro:comunicacion:presentacions|Presentacións, folletos, fondos de pantalla e outro material gráfico]] === Servizos Audiovisuais === * [[centro:comunicacion:videos|Fotos e vídeos]] * [[centro:comunicacion:uso_plato|Uso do Plató]] === Marca CiTIUS === * [[centro:comunicacion:perfil_institucional|Perfil Institucional]] * [[centro:comunicacion:firma_institucional|Firma institucional]] * [[centro:comunicacion:perfis_redes_sociais|Perfís en redes sociais]] ===== Comunicación interna ===== * [[centro:comunicacion:pantallas|Pantallas]] * [[centro:comunicacion:web_interna|Web Interna]] * [[centro:comunicacion:ferramentas_xici|Ferramentas de Comunicación do CiTIUS]] ===== Plan de Comunicación ===== A planificación das iniciativas de comunicación do CiTIUS articúlase a través de documentos estratéxicos nos que se recollen as liñas mestras que orientan a actividade da Unidade de Comunicación e Proxección pública en distintos períodos. Estes plans establecen os obxectivos prioritarios, os públicos de referencia, as accións previstas e os indicadores de seguimento que permiten avaliar o impacto da actividade comunicativa do centro. Nesta sección inclúese o último plan de comunicación desenvolvido para este cometido: {{:centro:comunicacion:20_plan_de_comunicacion_citius_2022-2025.pdf|Plan de Comunicación 2022-2025}}