===== Uso das Redes Sociais para a difusión da actividade científica ===== A presenza activa nas redes sociais converteuse nun elemento clave para ampliar a visibilidade da actividade investigadora e reforzar o posicionamento científico e profesional do persoal do CiTIUS. Recoméndase: * Manter actualizado o perfil profesional en LinkedIn e difundir nel as publicacións máis relevantes, participacións en congresos, proxectos e outros fitos destacados da actividade investigadora. * Compartir as publicacións científicas recentemente aceptadas ou publicadas, incluíndo sempre que sexa posible o DOI e as entidades financiadoras correspondentes. * Etiquetar ao CiTIUS e ás institucións colaboradoras para facilitar a amplificación desde as canles oficiais. * Empregar unha linguaxe clara e accesible, adaptando a mensaxe ao público xeral sen perder rigor. Ademais do impacto tradicional baseado no número de citas, están a consolidarse indicadores que permiten medir a repercusión social e dixital das publicacións científicas. O seguimento destes indicadores coñécese como [[https://www.revistacomunicar.com/index.php?contenido=detalles&numero=41&articulo=41-2013-05|Altmetría]]. A Unidade de Comunicación promove a difusión da actividade do centro a través das súas contas nas redes sociais: ^ ^ ^ ^ ^ ^ ^ [[https://es.linkedin.com/company/citiususc|LinkedIn]] ^ [[https://bsky.app/profile/citius.gal|Bluesky]] ^ [[https://www.youtube.com/@citiususc|YouTube]] ^ [[https://www.instagram.com/citiususc|Instagram]] ^ [[https://www.facebook.com/citiususc|Facebook]] ^ {{:centro:comunicacion:ejemploredessociales.png?900}}