===== Perfil Institucional ===== {{:centro:comunicacion:2026_perfilinstitucional.png?480|}} Recoméndase manter actualizada a información do perfil institucional na web do CiTIUS, xa que constitúe unha das principais fontes públicas de referencia sobre a actividade investigadora e profesional do persoal do centro. A edición dos datos é sinxela e pode realizarse accedendo á lapela **“Datos públicos”** dentro da sección [[https://apps.citius.usc.es/xici/personainternas/edit|Os meus datos e axustes]] en XiCi. É especialmente relevante revisar e actualizar de maneira periódica: * A afiliación institucional. * Os ámbitos científicos. * As publicacións e proxectos activos. * Os datos de contacto e ligazóns externas. Un perfil completo e actualizado contribúe á visibilidade científica do persoal investigador, facilita a identificación de expertises e reforza o posicionamento institucional do CiTIUS no seu conxunto.