====== Manual de identidade corporativa ====== O Manual de identidade corporativa do CiTIUS establece os criterios e normas que regulan o uso da imaxe institucional do centro. Este documento guía a aplicación correcta dos elementos visuais corporativos en todos os soportes e canles de comunicación, garantindo unha identidade coherente, recoñecible e profesional. Nel recóllense as especificacións relativas ao uso dos logotipos oficiais, a tipografía corporativa, as cores institucionais e as pautas de aplicación da marca en distintos formatos e contextos. A súa correcta aplicación é esencial para manter a coherencia da imaxe institucional do CiTIUS en todas as comunicacións internas e externas. Podes descargar aquí o **{{ :centro:comunicacion:2026-manual_citius_vigente.pdf | Manual de identidade corporativa do CiTIUS (ES)}}.** ====== Normativa ====== * A acreditación de centro CIGUS por parte da Xunta de Galicia, que acredita a calidade e impacto da investigación do CiTIUS como centro cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Galicia Feder 2021-2027 esixe o cumprimento dunha normativa de publicidade. * Dada a complexidade da normativa recollida nas **Instrucións de publicidade**, aconsellamos ao persoal investigador do CiTIUS que contacte coa Unidade de Comunicación e Difusión Pública do centro para asesorarse sobre o seu correcto cumprimento. ===== Recoñecementos obrigatorios ===== De forma xeral, todo documento, software, web e calquera outro material publicado polo CiTIUS debe ter os logos dos Fondos Europeos, a Unión Europea, a Rede CIGUS, a Xunta de Galicia, o CiTIUS e a USC, seguindo as directrices expostas nesta páxina, en cumprimento coa normativa de publicidade CIGUS da Xunta de Galicia. **Queda expresamente prohibida a utilización do logo 'Campus Vida', debido á súa extinción.** ===== Obrigas no uso de logotipos ===== En toda documentación, presentación ou material gráfico elaborado no marco da actividade do CiTIUS é obrigatorio incluír os logotipos oficiais do CiTIUS e da Universidade de Santiago de Compostela, dispoñibles para descarga máis abaixo). Recoméndase consultar a [[https://www.usc.gal/gl/usc/institucional/imaxe-corporativa|sección de imaxe corporativa da USC]]). Ademais, deberá incorporarse no pé de páxina o conxunto de logotipos institucionais que se amosan a continuación: {{ :centro:comunicacion:pie_de_pagina.svg?1000 }} ===== Rede CIGUS ===== A pertenza do CiTIUS á [[https://citius.gal|Rede CIGUS]] (Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia recoñecidos como centros de excelencia da USC) implica o cumprimento dunha serie de obrigas en materia de difusión e publicidade da marca CIGUS. **Estas obrigas son de carácter preceptivo** e afectan á correcta incorporación do logotipo da Rede en documentación de toda índole, como presentacións, materiais gráficos, publicacións, comunicacións públicas e demais soportes nos que proceda. Recoméndase consultar detidamente o manual de identidade da marca CIGUS para coñecer con precisión cando e como deben colocarse os logotipos, así como as normas de convivencia gráfica con outras institucións, especialmente nos casos nos que deba coexistir con outras marcas institucionais ou financiadoras. ^ Galego^ Castelán^ | {{centro:comunicacion:guia-marca-red-cigus-2025-gal.pdf|Manual en galego}} | {{centro:comunicacion:guia-marca-red-cigus-2025-es.pdf|Manual en castelán}} | ==== Logos CiTIUS ==== ^ Tipo ^ Descarga ^ | Logotipo principal-vertical | [[https://wiki.citius.usc.es/_media/centro:identidade:positivo_vertical_logo_tagline_citius.png|PNG]] [[https://wiki.citius.usc.es/_media/centro:identidade:positivo_vertical_logo_tagline_citius.eps|EPS]] | | Logotipo principal-horizontal | [[https://wiki.citius.usc.es/_media/centro:identidade:positivo_horizontal_logo_tagline_citius.png|PNG]] [[https://wiki.citius.usc.es/_media/centro:identidade:positivo_horizontal_logo_tagline_citius.eps|EPS]] | | Logotipo-negativo-vertical (usar en fondo negro e cores escuras) | [[https://wiki.citius.usc.es/_media/centro:identidade:negativo_vertical_logo_tagline_citius.png|PNG]] [[https://wiki.citius.usc.es/_media/centro:identidade:negativo_vertical_logo_tagline_citius.eps|EPS]] | | Logotipo-negativo-vertical(usar en fondo negro e cores escuras) | [[https://wiki.citius.usc.es/_media/centro:identidade:negativo_horizontal_logo_tagline_citius.png|PNG]] [[https://wiki.citius.usc.es/_media/centro:identidade:negativo_horizontal_logo_tagline_citius.eps|EPS]] | | Logotipo simple (sen lenda)-positivo | [[https://wiki.citius.usc.es/_media/centro:identidade:positivo_logotipo_citius.png|PNG]] [[https://wiki.citius.usc.es/_media/centro:identidade:positivo_logotipo_citius.eps|EPS]] | | Logotipo simple (sen lenda)-negativo | [[https://wiki.citius.usc.es/_media/centro:identidade:negativo_logotipo_citius.png|PNG]] [[https://wiki.citius.usc.es/_media/centro:identidade:negativo_logotipo_citius.eps|EPS]] | ==== Outras entidades ==== ^ Entidade ^ Descarga ^ | USC | [[http://wiki.citius.usc.es/_media/centro:identidade:logousc.png|PNG]] [[http://wiki.citius.usc.es/_media/centro:identidade:logousc.eps|EPS]] | | Xunta de Galicia | [[http://www.xunta.gal/identidade-corporativa/marca-principal|Todas as versións oficiais]] | | Unión Europea | [[https://wiki.citius.usc.es/_media/centro:comunicacion:es_co-fundedbytheeu_rgb_pos.png|PNG]] [[https://wiki.citius.usc.es/_media/centro:comunicacion:es_co-fundedbytheeu_rgb_pos.eps|EPS]] | | Rede CIGUS | [[https://wiki.citius.usc.es/_media/centro:comunicacion:logo_gus_color.png|PNG]][[https://wiki.citius.usc.es/_media/centro:comunicacion:logo_gus_color_vector.svg|EPS]] | | Fondos Europeos | [[https://wiki.citius.usc.es/_media/centro:comunicacion:logotipos_rgb_fondoseuropeos_positivo_castellano.png|PNG]][[https://wiki.citius.usc.es/_media/centro:comunicacion:logotipos_rgb_fondoseuropeos_positivo_castellano.svg|EPS]] | ==== Tipografías ==== As tipografías oficiais do CiTIUS son Manrope (tipografía principal, que podes descargar a continuación) e Segoe UI, que está preinstalada en Microsoft. ^ Forma de descarga ^ Enlace^ | Arquivo comprimido (.zip)| {{centro:xestion_do_citius:manrope.zip|Descargar .zip}} | | Google fonts | [[https://fonts.google.com/specimen/Manrope|Ir a Google fonts]] |